martes, 28 de abril de 2020

Medimos?


A proposta de hoxe consiste en traballar a través do conto "unha vella tiña un can" diferentes conceptos: memoria, atención, lectoescritura, imaxinación e medidas.
#euquedonacasa
Debedes escoitar a canción con moita atención e despois facer un listado de todos os personaxes que saen no conto. Pensade tamén cales deses animais poderían estar na vosa cama; caberían todos? cal vos daría máis medo? tendo en conta os tamaños dos animais, cal é o máis grande e cal o máis pequeno? e,... unha última pregunta: canto mide a vosa cama?
Sabedes que podemos usar diferentes partes do noso corpo para medir?
 mirade atentamente o seguinte vídeo
 Con estes xogos podedes poñer en práctica o que vos explican no vídeo
No pdf que vos deixo a continuación están as tarefas impresas sobre o conto e diferentes propostas de actividades para traballar a medida.

3 comentarios:

  1. Que divertida a cancion😅!!! Imos medir enton a ver que sae...

    ResponderEliminar
  2. A verdade ten un ritmo pegadizo🤣🤣🤣🤣

    ResponderEliminar
  3. Que diver a proposta!! A canción gustame moito, na nosa escola representámola cas familias fai tempo é estivo xenial😆😆

    ResponderEliminar