sábado, 29 de diciembre de 2018

Nadal

O pasado día 21 vivimos unha xornada chea de emocións no Rosalía. Tivemos unha axenda moi apertada cunha morea de actividades. Nada máis chegar ao cole recibimos como se merece aos Reis Magos, que antes de instalarse no ximnasio para falar con todo o alumnado, desfilaron polos corredores. Non podiamos estar máis nervios@s e emocionad@s.
Tan pronto como estiveron acomodados, fomos a levarlles as nosas cartas e contarlle os nosos desexos. Moitos Sementeiros e Sementeiras trouxeron a carta de casa.
Así de content@s marchamos para o ximnasio
Despois de tanta emoción tocou liberar un pouco de enerxía cos xogos populares que estaban preparados no patio cuberto.
Aí non acabaran as sorpresas do día porque na biblioteca estaba a esperarnos unha sesión de contacontos.
A hora da merenda foi todo un éxito. Moitas grazas pola vosa colaboración👍👏👏
Antes de marchar, celebramos o xa tradicional fin de ano anticipado comendo as uvas con todos os nenos e nenas do cole no ximnasio, aínda que non a todos nos gustaron as uvas.
 Tvemos tempo tamén de sacar fotos no corredor de Educación Infantil, engalanado para a ocasión.
Aquí estamos cos compis de 4 anos B












Pasamos un día fantástico; non esquecemos levar as nosas bolsas con todo o material do primeiro trimestre. Xa sabedes que durante as últimas semanas adicamos varias sesións a preparalas xunto coas portadas dos nosos traballos. Aquí están as fotos.
Fixemos a nosa propia versión das gafas máis divertidas do Nadal; recordade que son máxicas e soamente funcionan se quen as leva posta ten moita imaxinación.