Os nosos compañeiros da Pementeira teñen no seu recuncho do proxecto unha incubadora e hai uns días recibimos unha carta na nosa aula informándonos dunha gran nova
A profe Teté informounos con todo detalle de como conseguiran incubar dous ovos e,... sorpresa! tiñan novos inquilinos!
Debuxamo o que vimos na clase dos compis de 5 anos
Ao día seguinte voltamos de visita
Agora xa están na casa de dous "Pementeiros" que, de seguro, os coidan con todo mimo.
O noso recuncho segue medrando e nós seguimos aprendendo cousas interesantes sobre as aves. Estes días falamos das pegas, das cegoñas e dos colibríes
Estamos avanzando na adquisición de conceptos lóxico-matemáticos e fixemos unha pequena aproximación de xeito lúdico ao concepto de suma
E tamén avanzamos en lectoescritura. Levamos a cabo tarefas de xeito individual onde poñemos en práctica a escritura autónoma. Coa axuda da profe, que vai separando de xeito oral a palabra en sílabas, nós identificamos as letras que as compoñen e escribímolas. Despois comprobamos cantas acertamos e cales non puxemos, e finalmente copiamos a palabra completa.
Continuamos disfrutando a tope das sesións de ioga. Móstrovos a continuación fotos dos últimos mércores que tiña pendente compartir convosco
Hoxe practicamos a asana da "pomba" e rematamos cunha relaxación na parede
As propostas destes días están moi solicitadas no momento de xogo libre
Aproveitamos o bo tempo para merendar ao aire libre e disfrutar dun par de picnics