viernes, 30 de mayo de 2014

Preparando o festival

Este venres é o Festival adicado á figura de Rosalía de Castro, e xa estamos a ultimar pequenos detalles para que todo saia ben.
Este xoves pola tarde estivemos colocando a pancarta decorada coas caras de Rosalía que levaron os nenos e nenas para pintar na casa. Unha vez máis quero agradecervos a vosa implicación neste tipo de actividades pois fostes moitas as familias que partipastes. 
Manolo axudou na súa colocación. Grazas!
Estas son as pancartas da Pementeira e do Paseo do Espolón
E aquí está todo o muro decorado por todas as clases do cole
Antes de marchara a ensaiar a nosa actuación, quixemos sacar unhas fotos 
Vémonos na festa!

miércoles, 28 de mayo de 2014

Franz Marc

Hoxe contamos un conto novo na Sementeira
" O artista que pintou un cabalo azul"
Ese artista era Franz Marc, e este libro é unha pequena homenaxe á súa obra pictórica.
Gustounos tanto, que estivemos buscando en internet cadros del. Algúns dos que máis nos chamaron a atención imprimímolos e colocámolos na aula.

Premio para Irene

Lembrades o concurso que organizou o Equipo de Biblioteca sobre a vida e obra de Xosé María Díaz Castro para conmemorar o Día das Letras Galegas?
Pois xa temos gañadores e gañadoras
 Na clase de 4 anos resultou premiado o traballo da nosa compañeira IRENE. Felicidades!
 O premio: un conto de pegatinas dos Bolechas e un super aplauso!

martes, 27 de mayo de 2014

Pancarta de Rosalía

A semana pasada estivemos coloreando con témpera e pincel as letras que compoñen o nome de Rosalía de Castro.
 Este luns a profe díxonos que con elas iamos  facer unha pancarta, é dicir, "un cartel muy, muy grande" en palabras de Pablo Piñeiro, que lle explicou aos compis o significado da palabra.
Aquí están algunhas das fotos da semana pasada dándolle cor ás letras
Tocaba pois facer unha pancarta.
O primeiro que fixemos en parellas foi pegar gomets de diferentes cores nas letras 





Despois colocamos as letras en fila 
Estiramos a cartolina que fai de pancarta e como era tan grande decidimos medila. Primeiro medimos cos corpos dos compañeiros-as
Pero non atopamos unha medida exacta pois sobraban "pernas". O resultado da medición era 3 nenos e un pouco de outro. Pablo Piñeiro dixo que el as encollía e asunto arranxado;
Colocouse unha compañeira menos alta que Pablo, pero tiñamos o mesmo problema
Decidimos entón probar  se a lonxitude da pancarta era igual á do noso tren e puxémonos todos en fila ben apretadiños. Cabiamos tod@s!
Por último empregamos un sistema de medición moito máis convencional: o metro que nos prestou a profe Teté; e apuntamos a medición para facer unha suma total
A nosa pancarta mide 3 metros e 64 centímetros (bueno, máis ou menos)
Xa para rematar pegamos as letras do nome de Rosalía en orde e sacamos unha foto co resultado final
Pasamos unha tarde moi divertida facendo a nosa pancarta para a festa do venres. Esperamos que o tempo nos acompañe e a poidamos colgar fóra.