A semana pasada estivemos coloreando con témpera e pincel as letras que compoñen o nome de Rosalía de Castro.
Este luns a profe díxonos que con elas iamos facer unha pancarta, é dicir, "un cartel muy, muy grande" en palabras de Pablo Piñeiro, que lle explicou aos compis o significado da palabra.
Aquí están algunhas das fotos da semana pasada dándolle cor ás letras
Tocaba pois facer unha pancarta.
O primeiro que fixemos en parellas foi pegar gomets de diferentes cores nas letras
Despois colocamos as letras en fila
Estiramos a cartolina que fai de pancarta e como era tan grande decidimos medila. Primeiro medimos cos corpos dos compañeiros-as
Pero non atopamos unha medida exacta pois sobraban "pernas". O resultado da medición era 3 nenos e un pouco de outro. Pablo Piñeiro dixo que el as encollía e asunto arranxado;
Decidimos entón probar se a lonxitude da pancarta era igual á do noso tren e puxémonos todos en fila ben apretadiños. Cabiamos tod@s!
Por último empregamos un sistema de medición moito máis convencional: o metro que nos prestou a profe Teté; e apuntamos a medición para facer unha suma total
A nosa pancarta mide 3 metros e 64 centímetros (bueno, máis ou menos)
Xa para rematar pegamos as letras do nome de Rosalía en orde e sacamos unha foto co resultado final
Xa para rematar pegamos as letras do nome de Rosalía en orde e sacamos unha foto co resultado final
Pasamos unha tarde moi divertida facendo a nosa pancarta para a festa do venres. Esperamos que o tempo nos acompañe e a poidamos colgar fóra.
A pancarta quedou chulísima!!!!!! Parabéns chicos/as!
ResponderEliminarMUY CHULA LA PANCARTA (ES DECIR EL CARTEL MUY, MUY GRANDE)! HA QUEDADO MUY BONITO. Y COMO SIEMPRE DIVIRTIÉNDOSE Y APRENDIENDO A LA VEZ.
ResponderEliminarPOR LO QUE ME TOCA, YA VEO QUE PABLO TIENE IDEAS, DEFINICIONES Y SOLUCIONES PARA TODO. ME HE REÍDO MUCHO CON SUS OCURRENCIAS.
GRACIAS ANA!
Ya sabes que Pablo es muy participativo. Esa tarde yo me lo pasé muy bien con las ocurrencias que tuvieron y la profe Teté, que andaba por allí también se lo pasó pipa, me consta
EliminarFantastico o traballo da pancarta. Pero gustoume moito a idea da medición. Buscar métodos nos de medida. BOA IDEA. NORABOA.
ResponderEliminargrazas Pili. Temos que mercar un metro de forma urxente!
Eliminar