martes, 29 de septiembre de 2015

Máis Outono

Seguen chegando cousas para a nosa mesa do outono.
PAULA trouxo unha bolsa con castañas
 LÍA, unha bolsa con landras
AITANA CITOULA un conto dos bolechas
PEDRO PÉREZ máis castañas (temos tantas que xa nos estamos plantexando adiantar a festa do magosto na Sementeira)
AITANA RIVAS trouxo un ourizo moi orixinal, non vos parece?
PAULA CES, un carballo moi gracioso
PEDRO MEIJUEIRO outro conto
CAROLINA veu hoxe cargadiña de uvas, fabas, castañas e espigas de millo
LUCAS trouxo unha bolsa chea de sorpresas: adiviñas, información, diferentes tipos de follas, fabas, landras, avelás, castañas, ourizos, espigas de millo  e como novidade para a nosa mesa unha cabaza, un marmelo e cogomelos
Estivemos a cheirar o marmelo e....mmmmm case nos deron ganas de comelo
 Aproveito esta entrada no blog para agradecer a todas as familias que estades a participar nesta actividade, a vosa implicación. MOITAS GRAZAS !!

jueves, 24 de septiembre de 2015

Landras, castañas,... e máis

Seguen chegando moitas cousas para a nosa MESA DO OUTONO:
MAURO trouxo follas, noces e avelás.
 PEDRO, unha piña, unha folla, castañas e ourizos.
AMAYA follas de carballo, noces, landras e ourizos.
CARMEN tamén trouxo follas de carballo, ourizos e castañas.
PAULO trouxo unha bolsa de castañas.
ADRIÁN unha folla pintada.
AITANA fixo unha árbore moi otoñal.
SASHA trouxo granadas, champiñóns, landras e moita información sobre o tema (poema incluido).
 E SARA aportou un conto (que pronto leremos en clase)
PAULA Santiago e AITANA Citoula tamén trouxeron cousas pero esqueceron sacalas da mochila e non as vimos ata a hora de marchar. Mañá sacaremos as fotos.
Así é como está quedando a nosa mesa
Hoxe tamén estivemos pintando. Usamos o noso "dedo pintor" para estampar as nosas pegadas (imitando as pingas de choiva)

miércoles, 23 de septiembre de 2015

OUTONO

Chegou o outono e na Sementeira estivemos vendo no ordenador "Llegó el otoño", unha historia que ten de banda sonora o outono de Vivaldi.
E mentres facemos as nosas tarefas soa esta melodía de Vivaldi na clase.
gifs-animados-de-musica-4.gif
Empezaron a chegar as primeiras cousas para a nosa MESA DO OUTONO.
PAULA trouxo dúas castañas
LÍA moitas follas e un puñado de castañas
DANIELA unha rama de castiñeiro con ourizos

martes, 22 de septiembre de 2015

Dona Castaña

Hoxe estivemos a ver o que se esconde dentro dun ourizo de castiñeiro
 Observamos con moito coidado de non pincharnos, que estaba cheo de castañas: unha grande e dúas que estaban... "un poco pochas, profe"
Á castaña grande puxémoslle boca, ollos, patas e zapatos.
Chamámola Dona Castaña e colocámola nunha mesa xunto co ourizo; a nosa MESA DO OUTONO.
Queredes axudarnos a xuntar máis cousas para a nosa mesa temática? podedes mandalas ao cole para compartilas con tod@s nós: follas, landras, froitas típicas de outono, debuxos, fotografías, contos, manualidades,... e todo o que se vos ocorra.