Os nenos e nenas da aula "A SEMENTEIRA" de 4 anos do colexio Rosalía de Castro en Padrón, queremos darvos a benvida ao noso blogue, a través do cal vos iremos facendo partícipes das nosas aventuras. Moitas grazas por visitarnos!
O centro participa durante estas semanas no "Plan de consumo
de froit nas escolas", levado adiante con axuda financieira da Comunidade
Europea. Grazas ao plan o alumnado dispón na hora do recreo de froita variada para fomentar os bos hábitos de alimentación.
Na "Sementeira" non tod@s nos animamos a probar a froita que nos trae Manolo, pero os que sí o facemos damos boa conta dela porque está....DELICIOSA !!
O pasado 10 de maio o alumnado de Educación Infantil realizamos unha saída á Fundación Camilo José Cela.
Alí, guiad@s por un maquinista e a súa neta a bordo dun tren imaxinario, coñecemos un pouquiño da vida e obra do gran escritor padronés, Premio Nobel de literatura.
Pero antes de emprender a viaxe, merendamos cos nosos compañeiros e compañeiras da "Pementeira" que nos estaban agardando no salón de actos da Fundación pois el@s "viaxaron no primeiro tren do día".
O famoso cadro de Leonardo Da Vinci serviunos para levar a cabo outra sesión de "Xogar a Pensar"
Observamos detidamente o cadro na pantalla grande, fixemos hipóteses e sacamos as nosas propias conclusións sobre quen sería e o que estaría a facer a muller pintada.
Nunha segunda sesión ao cabo duns días, estivemos vendo diferentes versións da Mona Lisa e tamén conversamos sobre elas. Pronto empezará a viaxar o noso libro que recolle todas estas conversas.
A Mona Lisa de Fernando Botero tamén nos gustou moito
Rematamos pintando con acuarelas a nosa propia versión da Gioconda
Temos encargado na librería un libro que estamos desexando ter nas nosas mans. En canto chegue á aula asegurámosvos que o gozaremos moito!
Sasha chegou un día entusiasmado cunha copia da Mona Lisa e de Don Leonardo; xenial campeón!!
Este ano o Día das Letras Galegas estivo adicado a MANUEL MARÍA
No corredor do cole temos unha exposición de carteis onde se recollen os datos máis coñecidos da vida e obra do autor homenaxeado. Foron elaborados, como xa vos contamos, polo alumnado de infantil e primaria, a principios do segundo trimestre.
Lembrades o que fixemos @s pequen@s de infantil?
O Equipo de Dinamización da Lingua propuxo ao alumnado decorar o exterior do centro con poemas do autor e o patio quedou ben bonito
Educación Infantil traballou de xeito conxunto na elaboración dun mural a partir do poema "o meu barco". Colaboramos cos nosos compañeiros e compañeiras de 4 e 5 anos decorando folios que despois se converteron en barcos (pintamos con lápices acuarelables), pegando papeis para formar un mar, coloreando cunchas e estrelas de mar, e ata escribimos a primeira estrofa do poema.
O xoves pasado colgamos o mural xa rematado no corcho da entrada principal do cole
O resultado final gustounos moito.
Que ben sabemos traballar en equipo estes nenos e estas nenas!
A vós que vos parece?
Unha vez rematada a festa cambiamos a súa ubicación e xa está colocado na porta de entrada de Educación Infantil
O xoves tamén recibimos a visita da ESCOLA DE MÚSICA DE ROIS como anticipo da celebración no cole do gran día das nosas letras
Unha das cancións que máis nos gustou foi "o xogo da carrasquiña"
E o venres pola tarde fixemos unha romería no cole na que non faltaron os gaiteiros das agrupacións " O Pedrón" e "Rosalía de Castro", os xogos tradicionais e unha boa empanada para encher a barriga. Moit@s de nós trouxemos xoguetes, instrumentos e algunha compañeira ata se animou a vestir o traxe típico,... vaia galeguiñas máis guapas!!