jueves, 30 de noviembre de 2017

Día de Ioga

Un mércores máis tivemos a nosa sesión semanal de IOGA.
Comezamos contando o conto "Maya y el yoga".
 Maya vaise de viaxe cos seus pais e o seu irmán maior rumbo á India! En Dehli acólleos a familia de Manú, ou novo amigo que a introducirá no mundo do ioga. Visitarán o templo de Ganesh, Benarés, e outros lugares famosos. A través do conto coñecemos un pouco mellor  a filosofía do ioga, dez posturas diferentes para facer, exercicios de respiración e relaxación, e a maxia dos mandalas. Xa fixemos algún mandala o ano pasado e retomaremos esta práctica na aula.
 Xa son varios os "Sementeiros" e "Sementeiras" que trouxeron libros para compartir con tod@s nós.
Carmen contounos que a súa mamá fai ioga no salón de casa e pediulle prestado este libro, que nos fixo moita ilusión recibir porque trae un montón de asanas que podemos practicar.
 Lía trouxo un conto que lle prestou a súa irmá Mariña
Sasha atopou "Yo soy yoga" na librería e mercouno,... cos seus aforros !
Pedro Pérez encargou por internet "El ABC del yoga para niños" e chegoulle a casa nun pis-pas
E xa vos ensinamos noutra entrada "Buenos días yoga", da nosa compi Aitana Rivas
 
 A sesión de hoxe consistiu en facer o saúdo ao sol, mellorar o equilibrio coa postura da árbore e do triángulo, e practicar dúas novas: o camelo e a bolboreta.



 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Desta volta para relaxarnos fixemos a postura do crocodilo
 
 
 

Tanto nos gustou o noso primeiro libro de ioga que lle pedimos á profe se o podiamos facer viaxeiro. Pois desexo cumprido. Xa anda polas casas. Dentro vai a suxerencia de que nos mandedes reportaxe fotográfica se vos animades a practicar algunha "asana". Encantaranos recibilas na aula.
 
As primeiras fotos que chegaron á aula das vosas sesións de ioga familiares, foron as de Sasha.
 
Veña ! non teñades vergoña e animádevos a mandarnos fotos !

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

martes, 28 de noviembre de 2017

Un pouco de todo

Temos unha chea de cousas pendentes de ensinarvos no blogue e revisando as fotos a profe deuse conta de que non colgara a participación no concurso monstruoso de dous compis, Paulo e Pedro Meijueiro, motivo polo que pide disculpas 😔


 O noso recuncho segue medrando día a día
 

 
 
 
 
 
 
 
 
 


 
 

 


 
 
 
 

 
 


 


 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 Cando xogamos coa plastilina seguimos modelando animais mariños. Desta volta tocoulle o turno ás "augamar". Este vídeo gustounos moito na aula.
 

 Tanto nos mimetizamos co tema que ata a roupa ten que ver co proxecto e, claro, temos que sacar foto



 E cando traemos as uñas pintadas de azul, tamén foto !
Gústanos moito xogar coas pinzas a formar palabras coas nosas tarxetas de vocabulario pirata


 
 
 
 
 
Temos tempo tamén para xogar a ler. E non se nos dá nada mal, a verdade
 
 Aprendimos moitas cousas sobre Jacques Cousteau con estes debuxos animados
  


E, por último deixamos aquí o enlace dunhas cancións en inglés que nos rechiflan e nos axudan a reforzar o vocabulario aprendido




 Case se nos esquece comentarvos que temos material viaxeiro novo. Lía trouxo unha lanterna con diapositivas dos animais do mar e,... sabedes unha cousa? regalóunola para a aula ! Así tod@s poderemos levala para  casa e disfrutala en familia. Moitas grazas Lía !