jueves, 28 de febrero de 2019

Última manda do Meco

Hoxe foi o día de engalanar o pescozo.
E a nosa ninfa Adela fixo as tarefas de encargada estupendamente.
Mañá é o gran día! 
Desfilaremos polas rúas de Padrón e agardamos que tod@s nos aplaudades e animedes!

miércoles, 27 de febrero de 2019

Pinzas

Se o Meco manda traer pinzas na roupa, nós non o dubidamos e facémoslle caso.
Hoxe a nosa encargada foi Paula; nin que dicir ten que estivo encantada co seu disfraz de ninfa

E mañá,... o pescozo engalanado!

martes, 26 de febrero de 2019

Chegou o Entroido !

Empeza unha das semanas máis divertidas no cole, a do Entroido. O Meco xa nos fixo chegar as súas mandas e onte fixémoslle a primeira visita.
 Hoxe todos trouxemos as cabezas moi elegantes.
Para dar o pistoletazo de saída a esta festa tan divertida, onte luns recibimos a visita dunha MÁZCARA, personaxe típico das comparsas de entroida da Xironda, no concello de Cualedro-Ourense. Quedamos fascinad@s!
 
Impresionounos poder tocar a pel de raposa que ten a parte traseira da mázcara.
Varios compis tiveron a sorte de poder probar a mázcara. 
Na Sementeira ese privilexio recaeu en Izan.
 Moitas grazas a Ana e Andres por esta sorpresa!
E seguimos cos disfraces de encargados. Lois e Alberto escolleron converterse en Merlín.
Onte disfrutamos tamén co segundo telexornal que fixeron os compis da Pementeira.
Parabéns chic@s, gran traballo!!
Lembrade, mañá todo o mundo con pinzas na roupa!