martes, 26 de febrero de 2019

Chegou o Entroido !

Empeza unha das semanas máis divertidas no cole, a do Entroido. O Meco xa nos fixo chegar as súas mandas e onte fixémoslle a primeira visita.
 Hoxe todos trouxemos as cabezas moi elegantes.
Para dar o pistoletazo de saída a esta festa tan divertida, onte luns recibimos a visita dunha MÁZCARA, personaxe típico das comparsas de entroida da Xironda, no concello de Cualedro-Ourense. Quedamos fascinad@s!
 
Impresionounos poder tocar a pel de raposa que ten a parte traseira da mázcara.
Varios compis tiveron a sorte de poder probar a mázcara. 
Na Sementeira ese privilexio recaeu en Izan.
 Moitas grazas a Ana e Andres por esta sorpresa!
E seguimos cos disfraces de encargados. Lois e Alberto escolleron converterse en Merlín.
Onte disfrutamos tamén co segundo telexornal que fixeron os compis da Pementeira.
Parabéns chic@s, gran traballo!!
Lembrade, mañá todo o mundo con pinzas na roupa!

1 comentario:

  1. Olaya mamá Cristina26 de febrero de 2019, 23:15

    Pero que elegantes foron os nosos peques hoxe!!! Da gusto velos divertirse tanto...A visita da Mazcara unha actividade moi interesante, seguro que os peques quedaron encantados!!!

    ResponderEliminar