Hoxe xogamos por primeira vez a un xogo que hai na aula co que temos que ser moi precisos á hora de colocar as varillas que o compoñen. Non nos pode tremer o pulso e soamente podemos utilizar unha man para colocalas da cor que nos indique o dado.
Este tipo de xogos colaborativos, a diferenza dos que propoñen a competición, non teñen como meta gañar ou perder. O obxectivo principal de todos os nenos e nenas é común e a idea é superar de maneira colectiva os retos que propón o xogo. Non hai necesidade de superarse uns a outros, senón de xogar xuntos alcanzar a meta.
Con esa idea xogamos hoxe tod@s xunt@s.
Este emocionante xogo pon a proba o noso pulso, a concentración e habilidade.
Manter as pezas en equilibrio no aire estimula a atención e a habilidade manual.
Manter as pezas en equilibrio no aire estimula a atención e a habilidade manual.
A medida que vaiamos volvendo a xogar seremos capaces de arriscar, calcular e colgar as varillas para conseguir elaboracións máis complexas.
Que xogo mais interesante,non sei os maiores como teriamos o pulso o que si podemos comprobar e que estades todos moi atentos...o salir de traballar poder ver como disfrutan..gracias ana por compartir estes momentos no blog e todo un privilegio,disfrutade sementeir@s.papis de aitana citoula
ResponderEliminarNon coñecía este xogo. Gústame moito!!
ResponderEliminarParéceme moi ben que o obxectivo sexa colaborar entre tod@s e non gañar.
Vámosllo a pedir os Reis Magos, a ver si no lo traen...
Ana R.