martes, 31 de mayo de 2022

Proxecto Ríos

 No ano 2005 nace o Proxecto Ríos en Galicia, coordinado por ADEGA, cos propósitos de divulgar a situación ambiental dos nosos cursos fluviais, contribuír a incrementar a concienciación ambiental a través da participación cidadá e aportar solucións aos problemas asociados á auga e aos ríos, así como de convertese nun referente nos programas de educación e voluntariado ambiental. Na actualidade este proxecto está promovido pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas a través dos organismos Augas de Galicia e Instituto de Estudos do Territorio.

Na páxina web do centro temos un apartado adicado a todos os traballos levados a cabo polo alumnado relacionados co Proxecto Ríos.
A Sementeira participa no proxecto polo que dende a semana pasada estamos inmersos na realización de diferentes actividades relacionadas co tema. Estamos aprendendo vocabulario relacionado coa flora e fauna presente nos ríos galegos. Pronto poderedes ver o resultado final das nosas investigacións.

















A semana pasada recibimos unha visita enmarcada dentro das actividades que se están levando a cabo no centro co "Proxecto Ríos". Con Nina alvela aprendemos moitas cousas sobre a forma de vida prehistórica. 




E co escultor Camilo Seira recibimos unha clase práctica de como se gravaban os petróglifos; aprendemos que antigamente preparaban as súas ferramentas golpeando unhas pedras contra outras e despois, con moita paciencia, ían desgastando a capa superficial da rocha onde facían os seus deseños.






 Algúns compañeir@s animáronse e saíron voluntari@s. Agarraron cincel e punteiro, e puxéronse mans á obra


















sábado, 28 de mayo de 2022

Letras Galegas e máis Cousas

 O mes de maio na Sementeira foi un non parar de actividades.

Para celebrar as Letras Galegas fixemos diversas actividades relacionadas co homenaxeado este ano: Florencio Delgado Gurriarán

Lemos un conto no que a través duns prismáticos máxicos coñecemos moitos aspectos da vida do autor; fixemos os nosos prismáticos e non sabedes a de cousas que podemos ver a través deles 😉


























A Asociación Cultural Arreixeira visitou o cole convidada pola AMPA e agasallounos cun pequeno concerto onde nos amosaron diferentes instrumentos tradicionais galegos. A nosa compañeira Violeta e a súa irmá Cristina, membros da asociación, tocaron con eles a pandereta e deixáronnos coa boca aberta













Participamos nunha búsqueda do tesouro na que tiñamos que atopar diferentes pistas agochadas polos patios para superar os retos que se nos propoñían





































"Ipanema" era o nome do barco no que Florencio Delgado emigrou a México e nós debuxámolo


















Thiago e Izan fixeron unha escultura onde Don Florencio foi o protagonista



Para ilustrar o noso traballo buscamos ideas no libro que temos na aula
















Cando trasladamos a aula ao patio, aproveitamos para alimentar a nosa planta carnívora cos pequenos insectos que atopamos



Temos un novo entretemento nun dos recunchos da aula: pintar nas fiestras con xiz líquido



























 O pasado martes celebrouse na biblioteca do cole a Feira do Libro. Visitámola e mercamos dous libros para a aula




Remato esta entrada felicitando a PAULA BARREIRO, que esta semana estivo de aniversario


Repartiu galletas para tod@s, soprou a candea e levou para casa o libro cos debuxos dos compis