miércoles, 29 de septiembre de 2021

Ioga

A semana pasada empezamos as nosas sesións semanais de IOGA

Os xoves será o día en que practiquemos asanas e merendemos froita (opcional)

 














martes, 21 de septiembre de 2021

Encargado

 Hoxe puxemos en marcha unha das rutinas máis importantes e que  todos os Sementeiros e Sementeiras agardaban con impaciencia: ser encargados.


Este ano será o azar o que escolla a quen lle toca ser encargado ou encargada cada día. Temos un "bombo" con tapóns numerados ata o 20 e unha lista onde podemos ver quen foi xa encargado (pega unha pegatina) e o número que lle corresponde no listado. 

 

 

Hoxe estrenou a rutina o número 17, que corresponde ao noso compañeiro Izan.


Pasar lista, compoñer a data, contar cantos estamos na aula, colocar tempo e estación,... son soamente algunhas das tarefas diarias que compoñen o noso PANEL.

 

Para pasar lista empregamos pinzas.

Iniciamos un rexistro do tempo. Consiste en gardar unha pedra no bote correspondente ao tempo que fai ese día. Hoxe Izan meteu a pedra no bote do sol. Abrir e pechar os botes forma parte dunha das moitas actividades que levamos a cabo na área de vida práctica e axuda a gañar coordinación de movementos de carácter fino.

O encargado tamén escolle o conto do día e como non, vai de primeiro na fila😉

 

A quen lle tocará mañá?
soamente o bombo ten a resposta
😁

viernes, 17 de septiembre de 2021

Primeiros Traballos

 Esta semana estivemos traballando nunha secuencia didáctica sobre os animais mariños. Unha secuencia didáctica é un conxunto de actividades de aprendizaxe interrelacionadas e encadeadas, que xiran arredor dun tema; neste caso, e dado que vimos de disfrutar do verán, a temática escollida foron os animais mariños. Levamos a cabo actividades grupais (visionado de enciclopedias, contos, documentais, conversas colectivas,...) e individuais (grafomotricidade, lóxica-matemática, lectoescritura, plástica,...)

Na aula temos un recuncho onde disfrutar de diverso material que nos axuda a seguir investigando e interiorizando todo o que estamos aprendendo sobre os animais do mar.

Partimos dunha conversa colectiva onde falamos das vacacións e máis concretamente, dos días que disfrutamos na praia. Titulámolo "Aventuras na Praia" . Despois fixemos un listado dos animais mariños que coñecemos.

 

 

 Despois de contar o conto "Don caballito de mar", buscamos información en internet sobre este peixe e aprendemos algo moi curioso que espero que vos conten os Sementeiros e Sementeiras 😉.

 
 

 Vimos un documental e fixemos o noso cabaliño, ao que tivemos que poñer un nome. Para poder debuxalo con precisión estivemos fixándonos nos detalles do seu corpo. Despois levamos ao papel todas as nosas observacións. Este foi o resultado














Como actividade final fixemos un debuxo onde ilustramos todo o aprendido ao longo da semana.