Este luns rematamos o libro viaxeiro e hoxe empezará a visitar as casas sementeiras. Esperamos que o disfrutedes moito.
A primeira Sementeira en levalo é IRIA, e así de feliz posa para a foto
Ahí van algunhas pistas sobre o contido do noso traballo:
A primeira Sementeira en levalo é IRIA, e así de feliz posa para a foto
Ahí van algunhas pistas sobre o contido do noso traballo:
O primeiro que fixemos foi manter unha conversa colectiva sobre o tema e responder as preguntas que facía a profe
De xeito individual:
- Escribimos todos os traballos que fan as nosas mamás, respectando o nivel madurativo de cada neno-a así como a etapa do proceso lectoescritor na que se atopa.
- Debuxámolas, traballando a representación da figura humana a través do debuxo de mamá. Rematamos esta primeira parte do traballo pegando a foto das mamás traballando que nos mandastes de casa (aproveito para dar as grazas a todas as familias que se animaron a participar)

A segunda parte do traballo levouse a cabo en parellas. Escribimos e ilustramos (mediante a técnica plástica da colaxe), e despois de reflexionar sobre o seu contido, un poema de Azucena Arias no que se pon de manifesto a temática que estivemos a traballar na aula: "A GATA TRABALLADORA"
O traballo en parellas implica, entre outras moitas cousas, respectar as ideas e o xeito de escribir do compañeiro-a, axudarse mutuamente, chegar a un consenso sobre o xeito de ilustrar a estrofa a traballar,...
O resultado final gustounos moito, motivo polo cal o queremos compartir con todas as familias. No libro tedes un espazo reservado no muro de opinións para que nos contedes as vosas impresións despois de ler o noso traballo. Esperamos que vos guste.