domingo, 29 de abril de 2018

Outro Cumple

Este xoves o noso compañeiro Adri festexou como se merece o seu aniversario; Galletas que comemos disfrutando dun picnic e chuches para tod@s.

miércoles, 25 de abril de 2018

Xogos de Ioga

Hoxe tivemos unha sesión de ioga chea de risas porque aprendimos varios xogos moi divertidos.
O primeiro foi ÁRBORES SIGILOSOS. Un neno-a no medio vai indicando aos demais, que están ao seu arredor, se teñen que achegarse de puntillas ou se teñen que facer a postura da árbore. Se o fan mal, un paso para atrás e se o fan ben gaña o primeiro-a en chegar ao compi do medio.

O seguinte xogo foi QUE HORA É SEÑOR LOBO?. Todos camiñamos libremente e preguntamos que hora é señor lobo?. O lobo contesta, por exemplo, é a hora da árbore e isto significa que todo o mundo se ten que poñer en postura da árbore. Cando o lobo contesta é a hora para comer todos deben saír correndo cara a colchoneta para poñerse a salvo do lobo. Unha vez na colchoneta teñen que quedar moi quietos en silencio na postura do pao.
Para relaxarnos tumbámonos en posición supina cos brazos estirados á beira do corpo e as palmas das mans cara arriba. Unha xoaniña pousouse sobre aqueles nenos e nenas que estaban moi quietos e cos ollos pechados.

martes, 24 de abril de 2018

Contacontos

o martes pasado recibimos a visita de Cassandra, a mami de Ezequiel, que nos contou un conto divertidísimo con moita información sobre os animais do parque da natureza de Cabárceno; É o conto favorito do noso compañeiro.
 Ao rematar bombóns para nós e diploma para Cassandra
Aproveitamos esta entrada para contarvos que xa iniciamos a nosa tempada de picnics. Pasámolo pipa merendando no patio.