Este xoves o noso compañeiro Adri festexou como se merece o seu aniversario; Galletas que comemos disfrutando dun picnic e chuches para tod@s.
Os nenos e nenas da aula "A SEMENTEIRA" de 4 anos do colexio Rosalía de Castro en Padrón, queremos darvos a benvida ao noso blogue, a través do cal vos iremos facendo partícipes das nosas aventuras. Moitas grazas por visitarnos!
domingo, 29 de abril de 2018
miércoles, 25 de abril de 2018
Xogos de Ioga
Hoxe tivemos unha sesión de ioga chea de risas porque aprendimos varios xogos moi divertidos.
O primeiro foi ÁRBORES SIGILOSOS. Un neno-a no medio vai indicando aos demais, que están ao seu arredor, se teñen que achegarse de puntillas ou se teñen que facer a postura da árbore. Se o fan mal, un paso para atrás e se o fan ben gaña o primeiro-a en chegar ao compi do medio.
O seguinte xogo foi QUE HORA É SEÑOR LOBO?. Todos camiñamos libremente e preguntamos que hora é señor lobo?. O lobo
contesta, por exemplo, é a hora da árbore e isto significa que todo o
mundo se ten que poñer en postura da árbore. Cando o lobo contesta é a hora para
comer todos deben saír correndo cara a colchoneta para poñerse a salvo
do lobo. Unha vez na colchoneta teñen que quedar moi quietos en silencio na
postura do pao.
Para relaxarnos tumbámonos en posición supina cos brazos estirados á beira do corpo e as palmas das mans cara arriba. Unha xoaniña pousouse sobre aqueles nenos e nenas que estaban moi quietos e cos ollos pechados.
martes, 24 de abril de 2018
Contacontos
o martes pasado recibimos a visita de Cassandra, a mami de Ezequiel, que nos contou un conto divertidísimo con moita información sobre os animais do parque da natureza de Cabárceno; É o conto favorito do noso compañeiro.
Ao rematar bombóns para nós e diploma para Cassandra
Aproveitamos esta entrada para contarvos que xa iniciamos a nosa tempada de picnics. Pasámolo pipa merendando no patio.