martes, 10 de abril de 2018

Aprendendo sobre o Mar

Temos pendente contarvos algunhas das actividades que levamos a cabo no segundo trimestre. Aquí vai unha pequena recopilación das mesmas.
As lendas sobre tritóns, sereas, e demáis seres mariños fantásticos teñen moi boa aceptación na Sementeira. Na entrada da aula colocamos un tritón e unha serea que fixemos entre todos.
As medusas tamén decoran un recuncho do corredor.
Encendemos a lanterna que trouxo Aitana Citoula para facer submarinismo e pasamos un rato moi divertido.
Ao día seguinte Amaya trouxo un debuxo dunha lanterna para o recuncho
Fixemos un acuario para a aula.
Falamos do mar de Tasmania. A profe preguntou cal sería o motivo polo que se ilumina e fixemos unha pequena asamblea. Houbo respostas moi variadas e Álex deu no clavo cando dixo que podía deverse a algunha alga. Despois fixemos unha pequena actividade impresa sobre o tema.
E como non, segue chegando todo tipo de material para o noso recuncho. O que máis abunda últimamente son xoguetes, Van todos a unha caixa que collemos día sí e día tamén cando rematamos de traballar e toca xogar un pouco.
Lía sacou fotos nunha estatua dunha rianxeira que hai en Vilanova e nunha cola de peixe de Vilagarcía de Arousa.
 Este puzzle que trouxo está xenial porque ten unhas gafas tres dimensións coas que podemos ver cousas escondidas.
Está moi solicitado para xogar
Contamos a historia de Julio Verne, 20000 leguas baixo dos mares e fixemos un debuxo para levar no noso libro de fichas do mar.
Xairo trouxo de merenda animais mariños

5 comentarios:

  1. Sementeir@s sodes moi orixinais!
    Non sei como colledes na aula con tantas cousas que levadas! 😁

    ResponderEliminar
  2. Cuánto material sobre el mar estáis juntando Sementeir@s, y por lo que vemos muy bien empleado en vuestro aprendizaje sobre el mar.

    ResponderEliminar
  3. Madre mía,cuantas cosas estáis juntando!!!! Seguir asi😍

    ResponderEliminar
  4. Carai, ¡¡como discurren estos sementeiros!!. Cuanto buenos motivos por los que se puede iluminar el mar, me encanta veros disfrutar tanto.

    ResponderEliminar