miércoles, 25 de septiembre de 2024

Proxecto Plumas

 Xa temos en marcha o noso proxecto para este curso co que investigaremos sobre o mundo das aves. O primeiro que fixemos para dar o pistoletazo de saída foi o panel das tres preguntas: o que sabemos, o que queremos saber e onde podemos atopar información polo que en gran grupo, demos resposta a todas estas cuestións




 Fixemos un debuxo co que recollemos as ideas previas que temos sobre os paxaros, pois foron os protagonistas absolutos do faladoiro

 

 

 














O paso seguinte foi pedir a colaboración de todas as familias Sementeiras para crear o noso recuncho de aula


Non tardaron en chegar os primeiros materiais









Decoramos a zona de traballo



 







Visionamos un curto animado co que aprendemos que ter prexuízos cos diferentes nunca sae ben. O respecto é indispensable para que sexamos felices.


Hoxe foi o noso primeiro día de ioga do curso e aproveitámolo a tope. Realizamos un total de seis asanas relacionadas co mundo animal: león, bolboreta, tartaruga, can boca abaixo, gato e crocodilo (esta última durante a relaxación). Encantounos volver a retomar esta rutina! pronto poñeremos en marcha tamén o noso rexistro "Froitómetro"