Xa temos en marcha o noso proxecto para este curso co que investigaremos sobre o mundo das aves. O primeiro que fixemos para dar o pistoletazo de saída foi o panel das tres preguntas: o que sabemos, o que queremos saber e onde podemos atopar información polo que en gran grupo, demos resposta a todas estas cuestións
Fixemos un debuxo co que recollemos as ideas previas que temos sobre os paxaros, pois foron os protagonistas absolutos do faladoiro
O paso seguinte foi pedir a colaboración de todas as familias Sementeiras para crear o noso recuncho de aula
Non tardaron en chegar os primeiros materiais
Decoramos a zona de traballo
Visionamos un curto animado co que aprendemos que ter prexuízos cos diferentes nunca sae ben. O respecto é indispensable para que sexamos felices.