viernes, 29 de mayo de 2015

Contacontos

Este martes pola tarde visitounos ROSANA, a mamá de PAULA (que estaba desexando que chegara o día)
Contounos un conto dunha xoaniña que tiña algún que outro problema para voar.
Cando Rosana rematou o conto, miramos as ilustracións e recordamos a historia
 O conto traía ao final uns pasatempos que a mamá de Paula fotocopiou para que os puidésemos levar para casa

Fixemos entrega a Rosana do diploma agradecendo a súa visita
 MOITAS GRAZAS MAMI!!
 E para rematar chuches para tod@s

jueves, 28 de mayo de 2015

Nariz de Ouro

Na nosa última visita á biblioteca do cole contamos un conto que tamén temos na aula, titulado "NARIZ DE OURO"
 
 O protagonista é un neno moi serio ao que non lle chistaba que lle chamasen Eduardiño, nin sequera Edu. Pero, por suposto, na escola todos, todos lle chamaban Eduardiño e ademais ríanse do seu nariz.

Vivir cun nariz enorme polo que tes que pagar dous asentos no autobús non é nada sinxelo, pero Eduardo conta co apoio incondicional da súa nai que todas as noites lle le O patiño feo. 

Como é un neno espelido, Eduardiño xa sabe que ao final do conto o pato se transforma en cisne. Pero, a quen lle importa non ser un cisne? Que hai de malo en ser un pato?
 Por certo, Siria (a mascota de biblioteca) ocupa agora un lugar ben visible


Despois do conto tivemos tempo de ler de xeito individual.
Estivemos moi concentrad@s na lectura ata que Sabela nos informou de que a través da fiestra e según ela mesma dixo, "¡¡allá a lo lejos, en Santiago, se ve un castillo profe!!"
Esta é a panorámica que se observa dende a biblioteca. Vedes o castelo?
"allá a lo lejos" era a Escravitude e o que a Sabela lle parecía un castelo era unha fábrica de pensos. Alán informounos de que un amigo seu traballa alí. Nin que dicir ten que pasamos un rato moi divertido.
Dibujos de caritas sonrientes - Imagui

martes, 26 de mayo de 2015

Contacontos

A semana pasada visitounos PATRICIA, a mami da nosa compañeira IRENE, para contarnos un montón de contos duns personaxes que nos encantan
os bolechas 
Ao rematar os contos un gran aplauso e a entrega do diploma!
 Patricia tamén tiña unha gran sorpresa pois regalounos todos os contos contados ese día para a nosa biblioteca de aula. MOITAS, MOITAS GRAZAS!