viernes, 29 de mayo de 2015

Contacontos

Este martes pola tarde visitounos ROSANA, a mamá de PAULA (que estaba desexando que chegara o día)
Contounos un conto dunha xoaniña que tiña algún que outro problema para voar.
Cando Rosana rematou o conto, miramos as ilustracións e recordamos a historia
 O conto traía ao final uns pasatempos que a mamá de Paula fotocopiou para que os puidésemos levar para casa

Fixemos entrega a Rosana do diploma agradecendo a súa visita
 MOITAS GRAZAS MAMI!!
 E para rematar chuches para tod@s

No hay comentarios:

Publicar un comentario