viernes, 26 de abril de 2013

Horto Escolar Infantil

Este xoves adicamos a tarde a preparar un recuncho do patio traseiro do cole para poder facer un horto.
 A profe Ana explicounos que os nenos e nenas de infantil do ano pasado plantaron unha morea de cousas nunhas macetas que agora, están un pouco abandoadas despois do longo inverno que tivemos este ano. Aquí podedes ver algúns dos traballos que se levaron a cabo o curso anterior.
Nós decidimos "rescatar" as macetas do ano pasado para poder utilizalas este ano na nosa plantación. A profe Teté e katy foron as nosas "axudantas". Aquí estamos en plena "Operación Rescate"
 Colocamos todas as macetas en fila a carón do muro do patio
 Algúns compañeiros decidiro colocalas por tamaños. 
E así, puxeron as máis grandes todas xuntas...
...e as pequenas tamén.
 Despois, en asamblea, falamos da importancia de delimitar o espazo reservado para o noso horto para que, según el@s, "que ninguén o puidera pisar". Ante a pregunta de ¿que podemos facer entón?, estas foron algunhas das nosas respostas: colocarlle madeiras, luces de cores, un semáforo e señais de non pisalo.  Ao final, como non tiñamos "madeiras" decidimos delimitalo cunha simple cinta.
¿E quen soluciona os problemas de loxística no cole? .... MANOLO!  así que alá fomos a explicarlle o que queríamos facer.
 Despois de asimilar toda a información (si, si tamén lle explicamos que queríamos luces de cores no noso horto - veremos como se apaña), Manolo prestounos un rollo de cinta e marchamos a colocalo inmediatamente non fora  ser que se nos colase algún estraño no noso horto.
Non tivemos tempo de facer nada máis pero non está nada mal ¿verdade?. Agora xa podemos empezar a pensar nas cousas que queremos plantar no noso horto.

Concerto da Orquestra A Sementeira

Aquí podedes escoitar o ben que tocamos o Metalófono
APLAUSOSSSSS

Unha clase MUSICAL "de maiores"

O xoves pola mañán recibimos a visita da profe Bety, que é a profe de música dos maiores do cole; Quería propoñernos pasar un rato con ela na aula de música. E nós, encantad@s, aceptamos a invitación.
Nada máis chegar xogamos a "buscar o silencio" cunha canción moi divertida

Despois chegou o momento de tocar un instrumento ¡ co que a nós nos gusta !
Estivemos practicando con METALÓFONOS
 
Pasámolo estupendamente. Xa estamos desexando volver a ver á profe Bety para pedirlle que nos leve outra vez á clase de música "dos maiores"