Na Sementeira temos marcado este día como un dos máis importantes do mes de Abril, e non é para menos. Poucas cousas hai que nos gusten tanto coma disfrutar dunha boa historia agochada nun libro; e se aínda por riba é unha mami a que nos fai partícipes dela pois... ¡moito mellor!
Onte, para festexar tan importante data, a mami de Carmen estivo no cole para contarnos un conto a todos os nenos e nenas de infantil. Dende aquí queremos agradecer a súa visita e o bo momento que nos fixo pasar a tod@s.
¡MOITAS GRAZAS NINA!
E despois da lectura tocou un pouco máis de diversión.
¡Todo o mundo a bailar!
E, para rematar, unha breve reflexión...
No hay comentarios:
Publicar un comentario