O pasado 5 de decembro visitounos Sonia, a mami do noso compañeiro Lois, e contounos un conto co que coñecemos un personaxe da Serra do Courel que no Nadal apalpa as barrigas dos nenos e nenas para saber se comeron ben antes de deixarlles un regalo: o Apalpador.
Ao rematar o conto, diploma para Sonia e regalo para tod@s: deliciosas galletas !
Celebramos os últimos aniversarios do ano.
PAULA chegou encantada con moitas galletas e un biscoito caseiro para compartir cos compis e as profes.
Este mércores OLIVIA festexou tamén o seu aniversario pois o día real en que cumpre os cinco anos, estaremos de vacacións de Nadal.
Trouxo galletas caseiras que estaban deliciosas.