miércoles, 25 de junio de 2014

Festival Fin de Curso e Despedida

O xoves 19 foi un día moi especial no cole pois celebramos o Festival de fin de curso. Chegamos a primeira hora dispost@s a pasalo estupendamente. O primeiro que fixemos foi retratar o guapos e guapas que estábamos.
Antes da gran actuación tivemos tempo de ensaiar por última vez.
E cando chegou a hora da verdade fixemos o noso baile moi ben e aplaudíronnos moito. 
(cando teñamos o vídeo da nosa actuación colgarémolo no blog)
Despois, xa máis relaxad@s, disfrutamos do festival
 Unha vez rematado o festival, fixemos unha merendola para repoñer forzas
 E antes de rematar a xornada, tivemos tempo de xogar no patio
Ao día seguinte tocaba despedirse ata o mes de setembro...
e fixemos unhas fotos de recordo
Antes de marchar a profe repartiunos uns regalos feitos por tres mamis que quixeron darnos unha sorpresa; moitas grazas ás mamás de Pablo Piñeiro, Pablo Miguéns e Alejandro!!
 Unha vez repartidas as bolsas cos nosos traballos, tocou despedirse ata a volta de vacacións
QUE PASEDES UN FELIZ VERÁN!