O pasado xoves día 21 tivemos a festa de Nadal no cole. Foi un día repleto de actividades e moita alegría e ilusión. Chegamos tod@s guapísim@s para a festa e, aproveitando que os Reis Magos se retrasaban un pouquiño, estivemos sacando fotos nas zonas comúns de Educación Infantil, que estaban decoradas para a ocasión.
Cando nos avisaron de que as súas Maxestades de Oriente acababan de chegar a Padrón, saímos a recibilos e a darlles unha calurosa benvida ao noso cole.
Estabamos desexando que chegara a hora de ir a ver o espectáculo de maxia; o mago Xacobe fixo as nosas delicias e deixounos coa boca aberta cos seus trucos de maxia.
Na festa non podía faltar a tradicional merendola de Nadal; demos boa conta dun montón de larpeiradas e ata brindamos !
Pd. mirade a festa que tiñan os papis, mamis e avós que se achegaron ata o cole! grazas pola vosa alegría e ese gran recibimento! O "Champín" estaba delicioso (dou fe) 😂