Os nenos e nenas da aula "A SEMENTEIRA" de 4 anos do colexio Rosalía de Castro en Padrón, queremos darvos a benvida ao noso blogue, a través do cal vos iremos facendo partícipes das nosas aventuras. Moitas grazas por visitarnos!
Este xoves Paula Barreiro chegou ao cole cun agasallo moi especial para a Sementeira: unhas fermosas ramas de mimosa. Averiguamos o que medía a mais longa delas, e fixemos unha pequena táboa de rexistro con todos os datos observados
O primeiro que fixemos foi usar o metro para medir o regalo de Paula
Comprobamos se algún compañeiro-a era mais alto que a rama de mimosa e descubrimos que non
E quen podería ser mais alto?
Paula tamén quixo compartir connosco un xogo que lle regalaron co que aprendemos a restar. Foi unha actividade moi ben acollida na aula !
Seguimos co proxecto Musiqueando e aproveitando que se achega o Día da Paz, coñecemos a un grupo que deixou moitas das súas ideas e pensamentos inmortalizados na súa obra musical: The Beatles. As súas aportacións á cultura popular serven para impulsar a cultura da PAZ.
Thiago compartiu connosco un conto que trouxo da casa e empezamos a averiguar moitas cousas interesantes sobre o grupo de Liverpool
Unha das primeiras cancións que coñecemos foi "All you need is love", e convertemos o título da canción na mensaxe do noso primeiro traballo: os autobuses pacíficos
Sabemos que a súa primeira canción foi "Love me do", onde o instrumento protagonista é unha armónica. De seguro que na casa xa vos contaron como conseguiron os Beatles esa armónica😉
Fixemos nosas algunhas das frases mais célebres de John Lennon, e xa se poden ler no corredor de Educación Infantil
De xeito voluntario coloreamos o logo dos Beatles antes de colocar as frases no mural
Exercitamos o dominio das tesoiras recortando e pegando un crebacabezas
Cos Beatles seguimos viaxando por Londres, coñecemos novos instrumentos musicais, disfrutamos das súas cancións, sabemos algunhas anécdotas da súa vida,... John, Paul, George e Ringo xa son case da familia Sementeira😉
E aquí está o resultado final do noso mural adicado aos Beatles. Hoxe posamos moi orgullos@s do noso traballo en equipo