Seguimos co proxecto Musiqueando e aproveitando que se achega o Día da Paz, coñecemos a un grupo que deixou moitas das súas ideas e pensamentos inmortalizados na súa obra musical: The Beatles. As súas aportacións á cultura popular serven para impulsar a cultura da PAZ.
Thiago compartiu connosco un conto que trouxo da casa e empezamos a averiguar moitas cousas interesantes sobre o grupo de Liverpool
Unha das primeiras cancións que coñecemos foi "All you need is love", e convertemos o título da canción na mensaxe do noso primeiro traballo: os autobuses pacíficos
Sabemos que a súa primeira canción foi "Love me do", onde o instrumento protagonista é unha armónica. De seguro que na casa xa vos contaron como conseguiron os Beatles esa armónica😉
Fixemos nosas algunhas das frases mais célebres de John Lennon, e xa se poden ler no corredor de Educación Infantil
De xeito voluntario coloreamos o logo dos Beatles antes de colocar as frases no mural
Exercitamos o dominio das tesoiras recortando e pegando un crebacabezas
Cos Beatles seguimos viaxando por Londres, coñecemos novos instrumentos musicais, disfrutamos das súas cancións, sabemos algunhas anécdotas da súa vida,... John, Paul, George e Ringo xa son case da familia Sementeira😉
Pero que chulo quedou ese mural!!!!
ResponderEliminarComo traballan estes sementeiros e cantas cousas aprenden
Nesta casa non se fala mais que dos Beatles....
Como lle gusta este preoxecto!!! Creo que ainda aprendemos nos mais dos Beatles🤩🤩
ResponderEliminarPero que chulo o voso traballo dos Beatles!!!
ResponderEliminar