jueves, 23 de noviembre de 2023

A rutina do panel e os nosos nomes

Todos os días cando chegamos pola mañá e despois de poñer o mandilón e gardar as libretas viaxeiras, cantamos varias cancións para dar a benvida

 




Despois escollemos o encargado ou encargada do día e facemos o Panel. Pouco a pouco fomo ampliando actividades: compoñemos a data, lembramos a estación na que nos atopamos, facemos un rexistro do tempo, ordeamos a serie numérica dende o número 1 ata o 10, repartimos as iniciais a cada compi e traballamos co nome do día (compoñémolo, comparámolo co de outros compañeiros-as e lemos con palmadas o número de sílabas que ten)






Ao rematar a tarefa os xefes sempre reciben un sonoro aplauso







A última tarefa do encargado-a (tamén lle chamamos xefe ou xefa 😉) é a de contarnos un conto. As primeiras veces contaban cantando o conto da lúa, despois chegou o turno do poema de Crocodilo (onde tiñan que ir colocando unhas imaxes en orde) e agora causa furor o conto de Paxariña de papel, que escenifican e cantan

 


 


 Despois do conto facemos unha actividade grupal para ir coñecendo o nome das letras do abecedario



















Levamos un tempo traballando co noso nome e o dos compañeiros-as; fixámonos nas iniciais, nas letras que o compoñen, nos máis longos, nos máis curtos, nos que son iguais,... moitas das propostas que temos na aula están encamiñadas a recoñecer o nome de todos os Sementeiros e Sementeiras e teño que dicir, que estamos acadando moi bos resultados pois son xogos aos que acoden cada día e xa teñen interiorizados moitos deles.















































































A pizarra é unha estupenda ferramenta para practicar o trazo das letras do noso nome e o dos compis