Co noso proxecto Nautilus non soamente coñecemos a fauna mariña serón que nos achegamos aos seres fantásticos que habitan os mares; así pois falamos de Poseidón, de sereas e demais personaxes que están a facer as delicias na Sementeira coas súas aventuras.
Coñecemos a Madama de Sanxenxo, o Sereo de Vigo, e visitamos de xeito virtual unha estatua adicada a Xulio Verne que se pode ver tamén en Vigo
En conversa colectiva analizamos as estatuas, o que nos transmiten, o que pensamos que poden estar a facer (por exemplo ao ver a Xulio Verne sentado nos tentáculos dun polbo chegamos á conclusión de que debía de ser un home moi despistado 😉), o que lle falta por exemplo ao Sereo para non parecerse a un home peixe,...
Xogamos coa PDI, cantamos e bailamos cancións e ata temos un quebracabezas onde a protagonista é a Madama de Sanxenxo
Levamos a cabo tamén actividades impresas coas que traballamos vocabulario, direccionalidade de trazos, o abecedario, composición de palabras,...
No hay comentarios:
Publicar un comentario