Un dos libros viaxeiros que máis nos está gustando levar para casa é este
Ofrécenos unha particular visión da cidade, dos seus espazos máis singulares, dos seus habitantes e dos seus eventos.
O venres levouno para casa Paula Santiago, e marchou así de contenta
E como estivemos coñecendo cousas de Galicia, a nosa compañeira Aitana Citoula trouxo para compartir con tod@s unha rica tarta de Santiago e galletas "made in Galicia". Faltounos un pouquiño de marisco pero a profe Ana está en conversacións coas altas esferas; a ver se consigue algo,... ;)
Por certo, as visitas turísticas pola nosa terra están a ser todo un éxito na Sementeira. Xa temos constancia gráfica dalgunhas delas mirade,...