Que vos parece se rematamos a semana xogando aos espías?
A proposta de hoxe consiste en facer unha botella espía
#euquedonacasa
Este xogo serve tanto para adestrar a motricidade fina como a atención, a discriminación, o conteo e o vocabulario dun xeito moi entretido.
Necesitamos unha botella na que botaremos unha bolsa de arroz, sopa, lentellas, cuscús (podedes empregar un funil para que vos resulte máis sinxelo),... e 10 obxectos que caiban pola boca da botella. Debedes facer un listado co nome das dez cousas que metades dentro da botella.
Unha vez preparado todo isto, toca xogar aos detectives; no listado feito anteriormente teredes que ir escribindo a orde en que atopastes cada obxecto.
Unha vez preparado todo isto, toca xogar aos detectives; no listado feito anteriormente teredes que ir escribindo a orde en que atopastes cada obxecto.