viernes, 29 de mayo de 2020

A Botella Espía

Que vos parece se rematamos a semana xogando aos espías?
A proposta de hoxe consiste en facer unha botella espía
#euquedonacasa
Este xogo  serve tanto para adestrar a motricidade fina como a atención, a discriminación, o conteo e o vocabulario dun xeito moi entretido.
Necesitamos unha botella na que botaremos unha bolsa de arroz, sopa, lentellas, cuscús (podedes empregar un funil para que vos resulte máis sinxelo),...  e 10 obxectos que caiban pola boca da botella. Debedes facer un listado co nome das dez cousas que metades dentro da botella.
Unha vez preparado todo isto, toca xogar aos detectives; no listado feito anteriormente teredes que ir escribindo a orde en que atopastes cada obxecto.


jueves, 28 de mayo de 2020

O Polbo de Carteia

 Unha lenda é unha narración sobre feitos sobrenaturais, naturais ou unha mestura de ambos que se transmite de xeración en xeración de forma oral ou escrita. Xeralmente o relato sitúase de forma imprecisa entre o mito e o suceso verídico, o que lle confire certa singularidade.
A proposta de hoxe consiste en coñecer a "Lenda do Polbo de Carteia"
#euquedonacasa




miércoles, 27 de mayo de 2020

Bodegóns

A pintura de bodegóns existe desde tempos inmemoriais e ofreceu algúns dos cadros máis sublimes da historia da arte.
 A proposta de hoxe consiste en converternos en pintores de bodegóns.
#euquedonacasa
Nesta presentación podedes ver algúns dos mellores bodegóns xamais pintados.
Cal de todas as naturezas mortas que aparecen no vídeo vos gusta máis? e por que? Imos a centrarnos en dous dos bodegóns que saen na presentación. Deberedes responder a unha serie de preguntas así que observádeos con moita atención.
Podedes pintar o voso propio bodegón ou natureza morta. Primeiro elexide os elementos que queredes que o conformen. Despois colocádeos nunha superficie plana e xa estades list@s para plasmar a vosa creación.
Tamén o podedes facer coa técnica do collage. Buscade un folleto de propaganda do supermercado, recortade e  compoñede.
Agardo 📷

Na páxina web do cole tedes novas actualizacións

martes, 26 de mayo de 2020

Cuestionario

Rematamos a nosa investigación sobre os ríos polo que a proposta de hoxe é a de cubrir un cuestionario para saber canto aprendemos sobre a flora e a fauna dos ríos galegos. Esta actividade final axudaranos a valorar todo o traballado e aprendido ao longo da semana pasada.
#proxectoríosnacasa
Tedes dous niveis de dificultade no cuestionario; escollede o que mellor se adapte aos Sementeiros e Sementeiras.

Podedes continuar enviando fotos dos traballos sobre o río ao longo de toda esta semana. Cantas máis actividades recollamos no noso proxecto e máis participativo sexa, moito máis amplo e interesante será o resultado final 😉

lunes, 25 de mayo de 2020

Pizza

Que vos parece empezar a semana converténdonos en excelentes cociñeiros e cociñeiras?

A proposta de hoxe consiste en preparar unha suculenta pizza  á vez que se traballa o conteo de ingrdedientes. 
#euquedonacasa

Podes practicar xogando antes de poñerte máns á obra
Non esquezas compartir unha foto ou vídeo do resultado da túa pizza😉🍕

viernes, 22 de mayo de 2020

O Río

Rematamos este #proxectoríosnacasa con poesía.
A proposta consiste en ilustrar o poema "O Río" de Manuel María.

 

jueves, 21 de mayo de 2020

Paseo polo Río

Seguimos co #proxectoríosnacasa. 
A proposta de hoxe consiste en pasear polo río.
Que vos parece facer un percorrido pola beira do río?
No pdf que vos adxunto tedes actividades para facer antes, durante e despois do paseo.

 Para ir quentando motores e preparar a saída, propóñovos o seguinte  xogo de mesa.


Durante o percorrido podedes recoller todo o que se vos ocorra para facer uns pinceis moi,... naturais😉 que despois podedes usar para pintar un bonito debuxo.
Tedes tempo para facer estas actividades (e lembrade que son sempre voluntarias). Non esquezades facer algunha foto ou vídeo para compartir con tod@s

miércoles, 20 de mayo de 2020

Ficha Informativa

Seguimos co #proxectoríosnacasa
A proposta de hoxe consiste en elaborar unha ficha informativa de calquera dos animais e prantas do taboleiro de imaxes.
#euquedonacasa


A páxina web do centro segue a actualizarse

martes, 19 de mayo de 2020

O Río

O Proxecto Ríos é unha iniciativa de concienciación, educación e participación cidadá en defensa dos nosos ríos. 
O centro participa no proxecto. No seguinte enlace podedes ver as actividades que se levan feito ata o de agora
As propostas que farei ao longo do que queda de semana estarán enfocadas a participar no proxecto.
#euquedonacasa
#proxectoríosnacasa
Hoxe coñeceremos algunhas das características da flora e da fauna dos ríos galegos. A actividade consiste en inventar frases nas que se debe empregar o novo vocabulario traballado.

 

lunes, 18 de mayo de 2020

Arte + Letras

Onte festexamos a festa das Letras Galegas,...
... e hoxe é o Día Internacional dos Museos
Facemos unha visita virtual por algún museo?
 Esta imaxe do pintor Leandro Lamas  circulou onte polas redes sociais para festexar o Día das nosas Letras.
A proposta de hoxe consiste en misturar Arte con Letras e poñer un broche de ouro a través da arte ao Dia das nosas Letras
#euquedonacasa
A parte da arte consiste en  recrear a imaxe anterior de  Leandro Lamas
O  labor artístico de Leandro Lamas non se reduce ao pictórico xa que tamén é actor e director de teatro, mostrándose como un autor polifacético e comprometido co noso país e a nosa cultura.
Ademais de en moitísimos cadros, podemos encontrar os seus deseños en murais, carteis, ilustracións literarias,...
De feito, un dos seus contos ilustrados, é dos favoritos da nosa biblioteca de aula
Apetécevos practicar o estilo de Leandro Lamas coloreando esta ilustración?


A parte das letras consiste en buscar unha palabra en galego que vos guste polo seu significado, por como soa na nosa lingua, ... e escribila ben grande nun folio. Seremos capaces de xuntar moitas?  Animádevos !
"Poemas con piruleta", de Carlos Fontes. Ilustracións Leandro Lamas. Ed Galaxia

viernes, 15 de mayo de 2020

Bolsa Misteriosa

Lembrades cales son os cinco sentidos?
 
Con este xogo online podedes averiguar canto sabedes sobre o tema
 A última proposta da semana consiste en desenvolver o noso sentido do tacto a través dunha actividade sensorial.
 #euquedonacasa
Debemos buscar obxectos pola casa e metelos nunha bolsa misteriosa. Cos ollos tapados temos que descubrir o  que é  cada cousa utilizando unicamente o sentido do tacto

Detectives de Palabras

A proposta de hoxe consiste en converternos en detectives caseiros.
#euquedonacasa
Como bos detectives caseiros, debedes completar unha listaxe das letras do abecedario con obxectos que teñades por casa
 Déixovos enlaces a algún xogo interactivo para que pasedes un rato entretido xogando coas letras
DORAEMON ADIVIÑA AS LETRAS DO ABECEDARIO
ABECEDARIO CON PUNTOS
APRENDER O TECLADO DO ORDENADOR
 IDENTIFICAR AS LETRAS DO ABECEDARIO

miércoles, 13 de mayo de 2020

Puntillismo

O puntillismo é unha das técnicas de pintura máis sorprendentes, xa que en ocasións, parece mentira que algúns dos cadros deste movemento fosen realizados punto a punto. Esta, precisamente, é a base da corrente puntillista: a realización dun cadro a partir de minúsculas manchas de pintura que, na súa unidade, forman unha imaxe. O puntillismo xurdiu de man do artista Georges Seurat, sendo o seu contemporáneo Paul Signac outro dos pioneiros da técnica. Ambos revolucionaron o panorama artístico da época ao prescindir das pinceladas e empezar a usar pequenos puntos que, vistos a certa distancia, formaban a imaxe desexada. Moitos foron os artistas que, posteriormente, traballaron o puntillismo. 
A proposta de hoxe consiste en crear unha obra empregando a técnica do puntillismo
#euquedonacasa
Aquí déixovos algúns cadros puntillistas. Son realmente sorprendentes.

Georges Seurat

Paul Signac

Jerry O Wilkerson

Phan Thu Trang

James Cochran

 Unha das cousas que fan máis interesante a un pintor ou a un artista en xeral é aquilo que pode achegar á historia da arte; falamos da orixinalidade á hora de compoñer o seu traballo, todo aquilo que o fai recoñecible e diferente. Trátase de que nada máis ver a obra podamos asociala cun autor concreto. Todas estas reflexións xúntanse na figura de Seurat,  un dos artistas máis destacados do século XIX.

 Para facer unha obra puntillista soamente necesitamos papel hixiénico ou de cociña e rotuladores; unha forma diferente de traballar grafismo non vos parece? ademais desenvolvemos a capacidade de atención, a nosa creatividade, o sentido estético,...

Tamén podedes convertervos en grandes artistas do puntillismo pintando a vosa propia versión do cadro "Tarde de domingo na illa da Grande Jatte". Seurat estivo a traballar nesta obra por máis de dous anos, diariamente e con esmero. Vos podedes ir pintando cada día un pouquiño ata que a rematedes. Lembrade que esta técnica require ter unha paciencia e unha dedicación absolutas.

 

E para relaxarnos un pouco despois de tanto punto, podemos facer un pouco de ioga

Na páxina web do cole tedes novas actualizacións

RETO LETRAS GALEGAS 

ESTIMULACIÓN DA LINGUAXE ORAL 

ENGLISH 

AULA BAOBAB 



martes, 12 de mayo de 2020

O Día das Enfermeiras

O Día Internacional da Enfermeira celébrase o 12 de maio en todo o mundo con ocasión do aniversario do nacemento de Florence Nightingale, coñecida tamén como "A dama da lámpada" polo seu costume de realizar roldas nocturnas cunha lámpada para atender aos seus pacientes. 
A OMS  declarou o ano 2020 como o ano das enfemeiras por coincidir co 200 aniversario do seu nacemento.
A proposta  de hoxe consiste en facer unha pequena homenaxe a todo o persoal sanitario que loita contra o Covid-19
#euquedonacasa
 Os nenos e nenas saben ben o esforzo que todo o sistema sanitario está a facer na batalla contra o coronavirus. Son pequenos pero moi conscientes de que o papel de médicos e enfermeiros é decisivo nesta loita contra o coronavirus. 
 Que vos parece se lles facemos unha pequena homenaxe con mensaxes de agarimo e de admiración? podedes facer un debuxo, elaborar un cartel cunha mensaxe de apoio, gravar un vídeo,... todo o que se vos ocorra para agradecer o seu traballo e festexar este día.
Imos a coñecer un pouco mellor a Florence.
Ás enfermeiras empezáronas a chamar reiseñores pois o apelido de florence significa "reiseñor"
"Atribúo o meu éxito a que nunca dei nin aceptei ningunha escusa"
Florence Nightingale

lunes, 11 de mayo de 2020

Letras Galegas 2020

O vindeiro domingo 17 de maio celebramos o DÍA DAS LETRAS GALEGAS.
A data de celebración deste evento débese a que en tal día como ese, en 1863, publicouse en Vigo o primeiro exemplar da obra Cantares galegos, de Rosalía de Castro, que marcaría o inicio do "Rexurdimento" ou renacemento cultural do galego. 
A proposta de hoxe (e toda a semana) está enfocada a coñecer a figura do autor homenaxeado este ano:
 Ricardo Carvalho Calero.
#euquedonacasa
 Nos seguintes enlaces podedes xogar e aprender con diferentes actividades interactivas
 Ricardo Carvalho Calero publicou no ano 1984 un relato breve titulado "As pitas baixo a choiva" que narra un feito anecdótico da infancia do autor. As propostas escritas que vos fago a continuación están relacionadas con este conto. Propóñovos facelas ao longo da semana.


viernes, 8 de mayo de 2020

Palabras Homógrafas

A proposta de hoxe consiste en xogar coas palabras homógrafas
#euquedonacasa
Déixovos unha tarefa impresa e material imprimible para xogar

jueves, 7 de mayo de 2020

Tesoiras

Que vos parace traballar un pouco a destreza manual?
A proposta de hoxe consiste en xogar coas tesoiras
#euquedonacasa
Deixade voar a vosa imaxinación e compartide as vosas creacións 📷