miércoles, 13 de mayo de 2020

Puntillismo

O puntillismo é unha das técnicas de pintura máis sorprendentes, xa que en ocasións, parece mentira que algúns dos cadros deste movemento fosen realizados punto a punto. Esta, precisamente, é a base da corrente puntillista: a realización dun cadro a partir de minúsculas manchas de pintura que, na súa unidade, forman unha imaxe. O puntillismo xurdiu de man do artista Georges Seurat, sendo o seu contemporáneo Paul Signac outro dos pioneiros da técnica. Ambos revolucionaron o panorama artístico da época ao prescindir das pinceladas e empezar a usar pequenos puntos que, vistos a certa distancia, formaban a imaxe desexada. Moitos foron os artistas que, posteriormente, traballaron o puntillismo. 
A proposta de hoxe consiste en crear unha obra empregando a técnica do puntillismo
#euquedonacasa
Aquí déixovos algúns cadros puntillistas. Son realmente sorprendentes.

Georges Seurat

Paul Signac

Jerry O Wilkerson

Phan Thu Trang

James Cochran

 Unha das cousas que fan máis interesante a un pintor ou a un artista en xeral é aquilo que pode achegar á historia da arte; falamos da orixinalidade á hora de compoñer o seu traballo, todo aquilo que o fai recoñecible e diferente. Trátase de que nada máis ver a obra podamos asociala cun autor concreto. Todas estas reflexións xúntanse na figura de Seurat,  un dos artistas máis destacados do século XIX.

 Para facer unha obra puntillista soamente necesitamos papel hixiénico ou de cociña e rotuladores; unha forma diferente de traballar grafismo non vos parece? ademais desenvolvemos a capacidade de atención, a nosa creatividade, o sentido estético,...

Tamén podedes convertervos en grandes artistas do puntillismo pintando a vosa propia versión do cadro "Tarde de domingo na illa da Grande Jatte". Seurat estivo a traballar nesta obra por máis de dous anos, diariamente e con esmero. Vos podedes ir pintando cada día un pouquiño ata que a rematedes. Lembrade que esta técnica require ter unha paciencia e unha dedicación absolutas.

 

E para relaxarnos un pouco despois de tanto punto, podemos facer un pouco de ioga

Na páxina web do cole tedes novas actualizacións

RETO LETRAS GALEGAS 

ESTIMULACIÓN DA LINGUAXE ORAL 

ENGLISH 

AULA BAOBAB 



No hay comentarios:

Publicar un comentario