viernes, 30 de junio de 2023

Últimos Días na Sementeira

Os últimos días na Sementeira adicámolos a disfrutar dos compis e da aula. Xogamos moito e pasámolo moi ben



















 

 
 
 
 
Desfrutamos a tope do periódico do terceiro trimestre, buscándonos nas páxinas e lembrando moitas das actividades que levamos a cabo estes últimos meses


























Preparamos a decoración para o Festival e fixemos nada máis e nada menos que oito cometas, que luciron espectaculares o día da festa





Fixemos os derradeiros mandalas corporais do curso
























O martes pasado nos graduamos ao grande arroupados por todos os compañeiros e compañeiras de Educación Infantil. Foi un acto sinxelo pero cargado de emocións. 

O espazo común da zona de infantil estaba preparado para a ocasión.








A mestra da escola infantil de Padrón Julia Pereiras publicou o seu primeiro libro, «Un estraño na granxa», co que achega unha ferramenta máis para a «educación en valores» dos máis pequenos da casa, e visitounos para presentárnolo nunha sesión de contacontos que disfrutamos moitos. Moitas grazas Julia !!

 








Despois do contacontos fixemos unha sesión de fotos moi divertida no patio e tamén unha festa con pompas de xabón
















































































Á unha do mediodía deu comezo oficialmente o noso Acto de Graduación, pero antes recibimos unhas medallas de agasallo. Ao entrar na aula común todo foron aplausos para os graduados e graduadas !!






















Rematamos o día invitando aos compis da aula mixta á nosa festa das pompas











O mércores foi o día de peche de curso. Antes do Festival tivemos tempo de facer un último ensaio e de sacar unhas fotos no escenario e tamén coas nosas bolsas



















E chegou o momento do Festival. Saímos en primeiro lugar e fixemos unha actuación magnífica !!


Aquí podedes disfrutar de todas as actuacións deste ano. Cantas ganas tiñamos de troula !!

 

No seguinte enlace podedes ver o ben que o facíamos tamén nos ensaios. Aquí en concreto están bailando sen o apoio da profe  (que estaba a gravar co móbil) 
😊






Ao remata, merendola con todos os compis, xogos e ata mini disco (non teño fotos pero bailamos ata que nos doeron os pés)






E chegou o momento de poñer punto e final á nosa andaina pola etapa de Educación Infantil. Ao longo destes tres anos vivimos, rimos, xogamos, aprendimos e enriquecimos as nosas vidas. Terminamos un ciclo e pechamos un capítulo pero novos soños, novas metas e retos espérannos en setembro. Na Sementeira seredes sempre recibidos-as cos brazos abertos.




FELIZ VERÁN !!