Os últimos días na Sementeira adicámolos a disfrutar dos compis e da aula. Xogamos moito e pasámolo moi ben
Preparamos a decoración para o Festival e fixemos nada máis e nada menos que oito cometas, que luciron espectaculares o día da festa
Fixemos os derradeiros mandalas corporais do curso
O martes pasado nos graduamos ao grande arroupados por todos os compañeiros e compañeiras de Educación Infantil. Foi un acto sinxelo pero cargado de emocións.
O espazo común da zona de infantil estaba preparado para a ocasión.
A mestra da escola infantil de Padrón Julia Pereiras publicou o seu primeiro libro, «Un estraño na granxa», co que achega unha ferramenta máis para a «educación en valores» dos máis pequenos da casa, e visitounos para presentárnolo nunha sesión de contacontos que disfrutamos moitos. Moitas grazas Julia !!
Despois do contacontos fixemos unha sesión de fotos moi divertida no patio e tamén unha festa con pompas de xabón
O mércores foi o día de peche de curso. Antes do Festival tivemos tempo de facer un último ensaio e de sacar unhas fotos no escenario e tamén coas nosas bolsas
E chegou o momento de poñer punto e final á nosa andaina pola etapa de Educación Infantil. Ao longo destes tres anos vivimos, rimos, xogamos, aprendimos e enriquecimos as nosas vidas. Terminamos un ciclo e pechamos un capítulo pero novos soños, novas metas e retos espérannos en setembro. Na Sementeira seredes sempre recibidos-as cos brazos abertos.
FELIZ VERÁN !!
Q peniña da q se acabe esta etapa tan bonita!!!!
ResponderEliminarMoitas grazas Ana por todo!!!!
Foi un pracer compartir todo este tempo (que non chegou a nadiña) con vos. E facernos partícipes de todo o que traballastes e xogastes, en resumen, crecendo xuntos. Un millón de grazas Ana. E noraboa a todos os sementeir@s 🥰
ResponderEliminarQue rápido pasaron estes 3 anos, que pena que se acabe esta etapa tan bonita, ímos botar moito de menos este blog 🥲. Moitísimas grazas Ana por todo o traballo feito e por enseñarlle tantas cousas a estes sementeir@s que tanto traballaron.
ResponderEliminarFeliz verán para tod@s!!! 😍🥰😘
Que gran etapa!!! Foi un pracer compartir estes tres anos con todos. Os nenos (e os papis) levarán grandes recordos desta marabillosa etapa. Que sorte tivemos coa Profe Ana, sempre tan adicada e cariñosa. Grazas ❤️❤️
ResponderEliminar