martes, 29 de mayo de 2018

A montaña de libros máis alta do mundo

Os papis de Lucas visitáronnos a semana pasada. contáronnos un conto onde o protagonista tamén se chama Lucas e,... encantounos.
O libro titulábase A montaña de libros máis alta do mundo. Trouxeron un dobre exemplar tamaño XXL e puidemos disfrutar das ilustracións en tamaño xigante.
Ao rematar, diploma compartido para os papis de Lucas,...
... e sorpresas para os Sementeiros e Sementeiras: os contos para a nosa biblioteca de aula e unha galleta de recordo.

sábado, 26 de mayo de 2018

Un cazo moi especial

Seguindo coa actividade de contacontos de pais, chegou o turno da familia de Sasha. Visitounos Vane, a súa mami, e contounos o conto

Ao rematar o conto iniciamos unha pequena charla que nos axudou a comprender un pouco mellor o significado do conto.
Vimos o conto tamén en internet


Vane explicounos en que consiste o seu traballo pois traballa nunha asociación que axuda ás persoas con discapacidade intelectual.
Ao rematar, diploma para agradecer a súa visita e todos os consellos que nos deu para conseguir facer a vida un pouco máis facil ás persoas que necesitan a nosa axuda.
 El cazo de Lorenzo xa forma parte da nosa biblioteca de aula. De regalo Sasha repartiu ademáis uns marcapáxinas personalizados.

 O libro, viña acompañado dunha preciosa dedicatoria. Moitas grazas familia
 E como era mércores, nada mellor que froita para rematar a visita.
Pd.  as chuches non podían faltar