Onte, 9 de maio conmemorouse o Día de Europa
O equipo de actividades complementarias e extraescolares organizou unha feira onde a intención era preparar diferentes stands con información sobre países europeos.
Na Sementeira levamos traballando varias semanas para telo todo listo e onte foi o gran día. O país elexido: Grecia.
Este é o noso stand
O noso traballo ía acompañado dunha presentación en dvd onde se explicaban algunhas cousas características deste país. Pronto o mandaremos para que o poidades ver na casa.
As seguintes fotografías amosan a feira ao completo; os países representados eran Islandia, Alemania, Francia, Irlanda, Italia, Portugal, Países Baixos e Grecia.
As seguintes fotografías amosan a feira ao completo; os países representados eran Islandia, Alemania, Francia, Irlanda, Italia, Portugal, Países Baixos e Grecia.
O stand dos nenos e nenas da clase de catro anos |
O stand das clases de tres anos |
A feira montouse na biblioteca e onte moito alumnado se achegou a visitala.
E que sería dunha viaxe sen un auténtico pasaporte?
Nós temos o noso repleto de selos dos países que visitamos
Aquí estamos todos dispostos a escoitar as presentacións preparadas polos nosos compañeiros e compañeiras.
Unha vez rematada a viaxe tocaba posar para a foto co pasaporte que documenta todos os países visitados.
O stand de Islandia deunos iogur típico para probar e a clase de tres anos ofreceunos pasteis de belem.
Aquí están Noa e Xiana coa bandexa de pasteis típicos de Lisboa |
Como podedes ver, foi un día repleto de actividades; disfrutamos moito e aprendimos tamén moito. Pronto colgaremos unha entrada onde vos explicamos todo o que fixemos para o noso stand.
Jolin como mola todo lo que haceis! Ahí no os aburrís y haceis que en casa tampoco con todo lo q nos enseñais. Hoy hubo quen fue a recoger ramas de Olivo y quien se atreve con el aceite y las olivas. Nos encanta poder disfrutarlo con vosotros
ResponderEliminarMuy chulos e interesantes todos los stands. Sementeir@s el vuestro espectacular!!😊
ResponderEliminarEncantanme; están xenial!
ResponderEliminarCuanto aprendéis!!! Y gracias a vosotros,nosotros también le sacamos partido a todas estas cosas!!! Muchas gracias por enseñarnos tanto!!😜
ResponderEliminar