domingo, 28 de septiembre de 2014

A sandía de Anxo

O noso compañeiro Anxo, da clase dos Pementeiros quixo regalarnos unha merenda moi especial este venres pois apareceu na nosa clase á hora da merenda cunha bandexa de sandía, e contounos que a cultivou na súa casa. Moitas grazas Anxo, estaba moi rica!

As formas das nubes

Este venres estivemos xogando a pensar.
Se na primeira sesión pensamos cun cadro de Dalí e na segunda sobre o título dun conto, desta volta fixemos algo diferente.
Xogamos a pensar fóra, no patio de atrás; a profe íanos enseñando fotos de nubes e tiñamos que descubrir se tiñan algunha forma escondida. 
Aquí están as fotos coas que xogamos a pensar:
O resultado da sesión recollerémolo no libro viaxeiro pero xa vos adiantamos que foi moi divertido.
Tivemos a mala sorte de que o venres non había nubes no ceo, polo que o de xogar a buscar formas nas nubes de Padrón terá que agardar a outra ocasión.
Unha vez na clase, convertémonos en escultores de nubes e cadaquén debuxou unha nube con forma. 
Aquí están os resultados.
Pablo Piñeiro: unha ovella
Irene: unha flor
Paula: unha flor
Luis: un neno chamado Nicolás
Nerea: un corazón
Carla: un sol
Daniela: dúas flores
Ainhoa: unha flor
Alejandro: un círculo 
Carmen: unha flor e un peixe
Breixo: un verme
Roi: un pao
Sabela: unha nube corazón
Daniel: nubes
Alessandro: unha ovella robot e un neno cun mando
Iria: unha rosa
Candela: unha flor
Izan: unha flor 
Daniel: unha flor 
Anabel: un banco
Ulises: unha mazán, unha casa e unha mesa
Pablo: unha flor e un peixe
Xoel: unha flor
Queda pois pendente, xogar a buscarlle formas ás nubes. Hoxe en Santiago xa se pode xogar; e en Padrón?

sábado, 27 de septiembre de 2014

Aniversario de Xoel

O noso compañeiro Xoel estivo de aniversario durante as súas vacacións en Arxentina (aproveitamos a ocasión para enviar un saudiño aos familiares arxentinos do noso compañeiro, pois sabemos que visitan o noso blog). 
Este xoves incorporouse á escola con todos os seus compañeiros e compañeiras e quixo celebralo por todo o alto.
MOITAS FELICIDADES XOEL!

miércoles, 24 de septiembre de 2014

Outono

Hoxe na Sementeira estivemos falando dos cambios que se producen no noso entorno coa chegada dunha nova estación: o outono. Apuntamos todo no encerado
Despois fixemos un debuxo dunha paisaxe outonal
Estes foron os resultados