Unha das cousas que máis nos gusta a tod@s é poder ser encargad@s. este ano a sorte xoga un papel fundamental na elección d@ axudante da profe; se o ano pasado seguiamos unha rigorosa orde pola listaxe de aula, este ano un número decide a nosa sorte. Temos unha lista co noso nome, fotografía e un número. Se o número que saca o compi do "bombo" é o que temos asignado na listaxe... bingo! tócanos ser o encargado ou a encargada.
Onte Daniela foi a encargada e hoxe tocáballe sacar un número do noso "bombo". É moi importante facelo cos ollos pechados (norma imposta pola maioría dos sementeiros e sementeiras ao pouco de establecer esta rutina na aula). Hai máxima expectación para ver cal é o número que sae.
Daniela sacou o número 3, que corresponde a Sara. E a nosa encargada do día encantada, claro!! o número que sae gardámolo a recado ata que o bombo baléirase e volvemos empezar. Sara pegou moi feliz o seu adhesivo de encargada no panel de rexistro.
Facemos o Panel entre tod@s pero a rutina de pasar lista é para @ encargad@.
Sara fíxoo moi ben e recibiu un aplauso de tod@s @s compis.
Tamén comproba o tempo que fai na nosa "ventanita da clase"
Gústanos moito esta canción
Escolle un conto da nosa biblioteca de aula. Hoxe tocou un de monstros terroríficos
Aproveitamos esta entrada para ensinarvos o ben que nolo pasamos xogando despois de traballar. Hoxe eliximos os xogos de memoria (temos un novo que nos chifla), as máquinas de sumar (ás veces hai que facer cola para poder xogar do solicitadas que están e iso que temos...4), os monicreques,un quebracabezas de gatos (un pouco complicado pois temos que colocalos xuntos sen que quede ningún espazo entre eles) e outro do abecedario (un cangrexo moi simpático), un pequeno xogo de equilibrio (para poñer a proba a nosa destreza manual),...
Xogando, ademais de pasalo ben e divertirnos, estamos:
- Identificando calidades persoais.
- Aceptando aos demais.
- Coñecendo o mundo que nos rodea.
- Cooperando.
- Coñecéndonos a nós mesmos.
- Aprendendo a compartir.
- Establecendo e afianzando amizades.
- e un longo etc...
- Identificando calidades persoais.
- Aceptando aos demais.
- Coñecendo o mundo que nos rodea.
- Cooperando.
- Coñecéndonos a nós mesmos.
- Aprendendo a compartir.
- Establecendo e afianzando amizades.
- e un longo etc...
Como nos gusta visitar este blog e encontrarnos con tantas cousas novas, que benn,cada dia estamos mais orgullosos de poder ter unha profe que comparta estas novas con nos e o mais importamte aprender xogando gracias ana,as maquinas de sumar xa che decia no anterior post que vas ter que facerlle umha marca de agua jaja para que non as copien pq son todo un exito.Que voa idea que o de ser axudante da profe e que sea cuestion de sorte,pois o dito que a sorte os acompañe a moitos, porque seguro que estan deseando que lles toque..disfrutade sementeir@s.(papis aitana citoula)
ResponderEliminar¡Que juegos tan bonitos!! y la maquina de sumar todo un exito.
ResponderEliminarA ver si los reyes se portan bien y nos traen alguno de estos tan chulos.
Gracias Ana!! Disfrutamos mucho viendo vuestro blog.
¡Que juegos tan bonitos!! y la maquina de sumar todo un exito.
ResponderEliminarA ver si los reyes se portan bien y nos traen alguno de estos tan chulos.
Gracias Ana!! Disfrutamos mucho viendo vuestro blog.
Lo de ser encargados ya vemos que les encanta a todos!!!!Hoy justo le toco a Amaya y decir que fue lo primero que nos conto en cuanto se bajo del autobus.Nos encanta ver lo bien que se lo pasan con todo y con todos,no se puede pedir mas!!!
ResponderEliminar