O xoves pasado celebramos por adiantado no cole o DÍA DAS LETRAS GALEGAS.
Dous compañeiros de 6º, caracterizados como Rosalía de Castro e Xosé Filgueira Valverde, contáronnos cousas da vida e obra dos dous autores galegos.
Rosalía e Xosé fixeron entrega dos premios aos gañadores do concurso e actividades organizadas sobre o homenaxeado. En infantil gañaron Jésica e Leo.
Tamén nos visitou a familia de IRIA.
Viñeron a contarnos o conto "Antón e o apalpador"
A irmá pequena de Iria, Sara, portouse moi ben e estivo moi atenta a todo o que pasaba ao seu arredor
Cando o papi de Iria rematou o conto, a súa mami mostrounos as ilustracións
E ao rematar, de regalo, o diploma sementeiro
Os papás de Iria trouxeron unha bandexa de lambetadas para compartir nos equipos
Moitas Grazas!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario