jueves, 20 de marzo de 2014

¡ PRIMAVERA !

Hoxe estivemos de celebración na Sementeira porque por fin dicimos adeus ao inverno e damos a benvida á primavera. 
E aínda que sabemos que a nova estación non entra ata as seis da tarde, como a esa hora xa non estamos no cole, quixemos anticiparnos e festexalo como se merece.
PABLO trouxo unha postal e ovos de chocolate para compartir cos compis
Estivemos no patio decorando o chan con flores. 
Mirade o ben que nos quedou
Antes de prepararnos para marchar, Pablo regalounos un ovo de chocolate
E así chegou a Primavera a Padrón

3 comentarios:

  1. Xa me dixeron os chicos e chicas da "Sementeira" que ían pintar flores con tizas de cores no chan do patio e que o ían facer moi ben. E foi certo, quedáronvos xenial. Mañán terei que levar aos pementeir@s a ver a exposición!

    ResponderEliminar
  2. Lástima do día que nos saiu hoxe. Parece que, en lugar de empezar a primavera, empezou o outono. Esperemos que sexan poucos días e poidan os nenos e nenas (tamén os maiores) disfrutar do sol, as flores, os paxariños,....

    ResponderEliminar
  3. QUE VIVA A PRIMAVERA!!! VIVAN AS FLORES E VIVA O SOL!!! A pena é que xa ven a choiva... Disfrutar peques!!! Biquiños!!!

    ResponderEliminar