Este segundo trimestre trouxo algunha novidade na hora do Panel. Todos os días empregamos a nosa máquina de sumar, debuxamos o tempo que fai, completamos a serie numérica ata o 10,..
Ao rematar xaneiro fixemos unh reconto dos días que tivemos con sol, nubes e choiva.
E mentres un compi usa a máquina, os demais usamos os dedos.
Seguimos adiante co noso proxecto. Estamos metid@s de cheo na mitoloxía grega e xa coñecemos a moitos personaxes. O noso recuncho ten algunhas novidades,...
Izan trouxo un libro sobre mitoloxía
Cris trouxo un conto que explica o nacemento do dragón. Gustounos tanto que a profe xa mercou un igual para a nosa biblioteca de aula.
Os nenos e nenas da "Pementeira" teñen un dragón chino na súa aula e fixémoslles unha visita para intercambiar información.
Lorena aportou fotografías de Pegaso, o Centauro e Medusa.
Aroa atopou na casa un "Unicornio-Pegaso" que xa está tamén no recuncho.
Alba trouxo un libro coa historia de "Teseo e o Minotauro".
Poseidón, Rei dos mares vixía a nosa porta de entrada co seu impoñente tridente.
Os nenos e nenas da clase de 3 anos, que están empezando co proxecto, fixéronnos unha visita na que lles explicamos moitas das cousas que levamos aprendidas estes meses. Estiveron moi atentos a todo o que lles contamos, visitaron o noso recuncho e alucinaron con Lois convertido na terrorífica Medusa.
O Cabalo de Troia xa anda tamén polo corredor,...
... e aproveitamos para coñecer a súa historia pois temos varios libros na aula que nos contan esta aventura.
Fixemos tamén unha ficha impresa de recollida de información.
No hay comentarios:
Publicar un comentario