jueves, 24 de septiembre de 2015

Landras, castañas,... e máis

Seguen chegando moitas cousas para a nosa MESA DO OUTONO:
MAURO trouxo follas, noces e avelás.
 PEDRO, unha piña, unha folla, castañas e ourizos.
AMAYA follas de carballo, noces, landras e ourizos.
CARMEN tamén trouxo follas de carballo, ourizos e castañas.
PAULO trouxo unha bolsa de castañas.
ADRIÁN unha folla pintada.
AITANA fixo unha árbore moi otoñal.
SASHA trouxo granadas, champiñóns, landras e moita información sobre o tema (poema incluido).
 E SARA aportou un conto (que pronto leremos en clase)
PAULA Santiago e AITANA Citoula tamén trouxeron cousas pero esqueceron sacalas da mochila e non as vimos ata a hora de marchar. Mañá sacaremos as fotos.
Así é como está quedando a nosa mesa
Hoxe tamén estivemos pintando. Usamos o noso "dedo pintor" para estampar as nosas pegadas (imitando as pingas de choiva)

1 comentario:

  1. Parece que foi o outro día cando fun recoller landras con Pablo para levarlle á profe Ana e xa pasaron tres anos. Emocioname incluso recordalo.
    Estavos a quedar un recuncho moi completo. Fenomenal.

    ResponderEliminar