A proposta de hoxe consiste en traballar a través do conto "unha vella tiña un can" diferentes conceptos: memoria, atención, lectoescritura, imaxinación e medidas.
#euquedonacasa
Debedes escoitar a canción con moita atención e despois facer un listado de todos os personaxes que saen no conto. Pensade tamén cales deses animais poderían estar na vosa cama; caberían todos? cal vos daría máis medo? tendo en conta os tamaños dos animais, cal é o máis grande e cal o máis pequeno? e,... unha última pregunta: canto mide a vosa cama?
Sabedes que podemos usar diferentes partes do noso corpo para medir?
mirade atentamente o seguinte vídeo
mirade atentamente o seguinte vídeo
Con estes xogos podedes poñer en práctica o que vos explican no vídeo
No pdf que vos deixo a continuación están as tarefas impresas sobre o conto e diferentes propostas de actividades para traballar a medida.
Que divertida a cancion😅!!! Imos medir enton a ver que sae...
ResponderEliminarA verdade ten un ritmo pegadizo🤣🤣🤣🤣
ResponderEliminarQue diver a proposta!! A canción gustame moito, na nosa escola representámola cas familias fai tempo é estivo xenial😆😆
ResponderEliminar