miércoles, 1 de abril de 2020

Cada cousa no seu Sitio

Para levar a cabo o xogo que vos propoño hoxe necesitamos:
* un folio e un lapis.
*varias caixas, ou tupers,ou  bolsas transparentes,...
*cousas que teñades pola casa e que chamen a vosa atención.
O primeiro que temos que facer é buscar pola casa 10 obxectos. De cada un deles facemos unha tarxeta co seu nome.
Despois, diante de cada caixa, un dos xogadores colocará varias tarxetas. O xogo consiste en que o outro xogador debe ler as tarxetas e encher as caixas cos obxectos que nos indiquen.
#EUAQUEDONACASA
xogamos?
Con erste xogo practicamos a lectoescritura; tratamos de descifrar palabras e de comprender o seu significado. Se estamos empezando na lectura, buscade palabras que se escriban con sílabas directas (pe-ra, to-ma-te,ve-la,...); se xa vos manexades un pouco, podedes complicar o xogo😁
Ao rematar, ficha de reforzo



E como hoxe é mércores, non esquezades practicar un pouco de ioga
Tedes tamén novas actividades de inglés na web do cole
ENGLISH

2 comentarios:

  1. Paula está encantada ca nova actividade.
    As sesions de ioga na nosa casa fanse todolos dias, con xogos ou creando historias cas diferentes posturas!!! Asi facemos as tardes mais entretenidas!!!!

    ResponderEliminar
  2. Vaia pintaza ten este xogo!!! Vai ser unha tarde moi entretida🥳🥳🥳

    ResponderEliminar