martes, 21 de abril de 2020

Unha de Sopa


Nun lugar escondido do bosque, unha pequena cabana tiña a luz acendida. Pola cheminea saía fume: Tartaruga estaba preparando a comida. Sorprendidos por unha tormenta de neve, varios animais refúxianse na casa de Tartaruga que, nese momento, poñía a auga a ferver para preparar unha sopa. A medida que van chegando, os hóspedes ofrécenlle: cenorias, froitos vermellos, cebolas, mel e outros moitos ingredientes para que bote na ola. Mentres, fóra escurece e o frío chega. Dentro da casa, os convidados comparten un bo momento e colaboran na preparación da cea. Cando proban a sopa, todos cren que é a mellor do mundo e, abraiados, pensan que Tartaruga engadiu algún ingrediente especial que eles descoñecen. Ao final, Tartaruga desvélalles o seu segredo.
No seguinte enlace podedes ver o conto de hoxe e averiguar o segredo de Tartaruga:
 Cantamos a canción que xa coñecen os Sementeiros e Sementeiras?
E aí vai a proposta de hoxe,...
 elaborar a mellor sopa do mundo!😋🍵
#euquedonacasa
Animádevos a cociñar unha deliciosa sopa e mandade fotos ou vídeos !
Déixovos un pdf con material impreso para traballar o conto: recortar ingredientes, facer un listado de invitados,... tedes varias actividades para pasar o rato 😉

3 comentarios: