O xoves día 20 celebramos o fin de curso cunha festa por todo o alto. Os nenos e nenas de Educación Infantil fomos os primeiros en actuar; nin que dicir ten que bailamos de rechupete (ou eso pensan as profes). ¡A nosa actuación foi das mellores!
Despois disfrutamos coas coreografías dos outros cursos e aplaudimos un montón
Ao rematar o festival unha nube de paparazzis inmortalizaron nas súas cámaras este feliz acontecemento. Tan concentrados estaban na súa tarefa, que non se decataron de que eles tamén estaban a ser fotografiados
Pero que ben o fixeron!!! Dou gusto velos. Bueno, en xeral, a eles e a todos, porque todo o mundo o fixo estupendamente!! Noraboa Ana por todo o traballo do curso e noraboa pequen@s por todo o esforzo e por todo o acadado!!
ResponderEliminarGrazas Pere; eu tamén penso que o fixeron estupendamente e pasámolo moi ben tanto nos ensaios coma o propio día do festival.
ResponderEliminar