Esta semana na Sementeira seguimos disfrutando coas visitas das familias que nos veñen a contar un conto. O luns recibimos a Silvia, a mamá de Thiago que nos contou un conto elexido polo noso compañeiro no que a protagonista era Afrodita, a deusa do amor; a súa historia deixounos coa boca aberta !
O xoves foi o turno de Vane, a mami da nosa compañeira Carla, que lle axudou a contar un conto de trogloditas co que rimos un montón
E como somos Sementeir@s, Vane regalounos sementes para plantar na casa. Grazas!
Hoxe visitounos Amparo, a mamá de Adán; co seu conto,... fixemos maxia !!
MOITAS GRAZAS A TODAS AS MAMIS CONTACONTOS DESTA SEMANA !!!
O martes fomos á Fundación Camilo José Cela invitados a disfrutar dun concerto a cargo do grupo musical "Mamá Cabra". Nin que dicir ten que o pasamos fenomenal
E como non esquecemos que estamos na Primavera, algunhas das actividades que levamos a cabo estes días tiveron como protagonistas as flores.
Este ano temos outra "Venus Atrapamoscas" e cando atopamos algunha formiga no patio, dámoslla de comer
Como nos gusta disfrutar dos picnics os días de sol !! Sempre atopamos algunha flor que poñer nos xarróns da aula
Debuxamos unha decena de flores e pintamos con acuarelas.
Decoramos o patio traseiro; escollemos unha flor, démoslle cor, enchemos as macetas de area para que non as leve o vento e cravamos as nosas flores
Non esquecemos regar os xeranios que plantamos no patio. Están moi bonitos !!
A semana pasada tivemos dúas novas actividades obrigatorias: unha delas consistía en buscar o nome dos compañeiros-as escritos en letra minúscula, e na outra debíamos averiguar se o resultado dunhas sumas era verdadeiro ou falso
Parabéns a tod@s @s que se esforzaron e conseguiron rematar as dúas tarefas !!
Na páxina web do cole publicamos unha tarefe realizada dentro do Programa Voz Natura. Cada aula de Educación Infantil foi a encargada de elaborar un mural con información sobre o que se pode plantar e comer en cada estación do ano. A nós tocounos a Primavera
Participamos nun concurso de debuxo onde tivemos que debuxar o mercado de Padrón
Como non, tamén tivemos tempo de xogar libremente na aula; ata aprendemos un xogo de cartas (o cú sucio) co que nos divertimos moitísimo
Antes de pechar esta entrada, contarvos que temos dous novos compis que conseguiron o premio do froitómetro. Parabéns !!
Madre mía!!!! 🙆🏻♀️Menuda maneira de traballar. Que maravilla!!! 😻É un gusto ver todo o que traballan est@s sementeiro@s. Noraboa a tod@s!!👏🏻👏🏻👏🏻👏🏻👏🏻👏🏻
ResponderEliminarFoi un pracer ir ler un conto a esa clase tan especial. Son un amor de nen@s🥰🥰. Moitiísimas gracias a tod@s e en especial a Ana por deixarnos participar nesta actividade..❤️❤️
Para mí tamén foi un placer compartir un rato con vos e que nos dices formar parte da escola. Sodes un grupo increíble!!! Cada mirada, soriso, pregunta, ...e como traballan día a día o respecto que mostran. Bravo Ana e bravo sementeir@s!!!!
ResponderEliminarSon Vane😅
Eliminar