miércoles, 4 de marzo de 2015

Termómetro e Mandalas

Hoxe foi un día especial na Sementeira porque fixemos un traballiño que tiñamos pendente esperando a que aparecese un pouco de sol; hai un tempo que temos na clase un termómetro, regalo de ALEJANDRO e a súa familia. E preguntarédesvos para que o necesitamos. Pois ben, no panel cada día comprobamos a temperatura que temos dentro da nosa nave espacial (é dicir, a aula) na estación meteorolóxica que nos trouxeron os Reis Magos. Pero faltábanos saber os graos que hai fóra. Co termómetro que trouxo Alejandro temos o problema resolto. Cada día os encargados comprobarán a temperatura tanto dentro coma fóra da Nave Espacial Sementeira.
Aproveitamos esta entrada para contarvos que levamos uns días facendo uns mandalas espaciais. Hoxe tivemos tempo de rematalos: acabamos de colorear, recortamos e pegamos as nosas producións no recuncho que temos na aula.

1 comentario:

  1. Nos vos queda detalle sen controlar na vosa misión espacial!. Agora tamén contralades a temperatura para saber cando é o momento axeitado para o despegue?? Ja , ja. Disfrutade aprendendo que é a mellor maneira. Bicos.

    ResponderEliminar